Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2026

Apertura do Banco de Libros da AMPA Milnen@s para o curso 2026/2027

Imaxe
Xa está aberto o prazo para solicitar libros do Banco de Libros da AMPA Milnen@s para o curso 2026/2027. O rexistro de solicitudes realizarase mediante un formulario de Google, ao que podedes acceder a través da seguinte ligazón: 👉 https://forms.gle/mtEccxgoRjfrGw3s8 Do 20 ao 30 de xullo poderedes cubrir un formulario por cada libro que desexedes solicitar. Unha vez enviado cada formulario, recibiredes un correo electrónico de confirmación. Ao rematar o prazo de solicitudes, o 30 de xullo , enviarémosvos ao voso correo electrónico un xustificante con todos os libros solicitados. Durante os primeiros días de setembro ( datas aínda por confirmar ), as familias solicitantes deberán recoller os libros no local da AMPA, situado no centro educativo. Para iso, deberán presentar asinado o documento en formato PDF que recibirán adxunto ao correo electrónico. Lembramos a todas as familias que, para beneficiarse do Banco de Libros, é imprescindible ser socias da AMPA durante todo o curs...

Ábrese o prazo de inscrición nas actividades extraescolares do curso 2026/2027

Imaxe
Mañá, 14 de xullo , ábrese o prazo de inscrición nas actividades extraescolares organizadas pola ANPA Milnenos para o curso 2026/2027 . Como cada ano, convidámosvos a consultar con calma toda a oferta de actividades antes de formalizar a inscrición. Información importante Para participar nas actividades extraescolares será imprescindible ser socio/a da ANPA Milnenos . Para iso, é necesario darse de alta como familia socia ou renovar a cota para o vindeiro curso escolar . A cota da ANPA é de 20 € anuais por familia . Ademais, para participar en calquera actividade será obrigatorio formalizar a matrícula e o seguro da ANPA , cun importe de 19 € por cada alumno ou alumna , independentemente do número de actividades nas que participe. O pagamento da matrícula e do seguro realizarase mediante tarxeta bancaria no momento da inscrición . O pagamento das actividades realizarase, igual que o curso pasado, mediante transferencia bancaria directamente ao provedor , utilizando o número de conta q...

Publicación do listado provisional das bolsas comedor para o curso escolar 2026/27

Imaxe
📢 Publicación do listado provisional das bolsas comedor para o curso escolar 2026/2027 O pasado 8 de xullo o concello da Coruña publicou a proposta de resolución provisional da convocatoria de bolsas comedor para o curso escolar 2026/2027 e a súa apertura do prazo de alegacións. 🔎 Onde podo consultar a listaxe e toda a información? Podes consultar a proposta de resolución provisional e a listaxe que a acompaña nos seguinte medios: Taboleiro de anuncios e edictos municipal no seguinte vínculo: https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/infopublica?method=enter&edictos=true Páxina web de servizos sociais: https://www.coruna.gal/servizossociais/gl?argIdioma=gl   Teléfono de Atención Cidadá 010, no horario de 08.00 a 20.30 h, de luns a venres e de 09.00 a 14.00 h os sábados.  Todas as listaxes obxecto de publicación identifican a solicitude do alumnado atendendo ao código do seu expediente individual. 📅 Prazo para a presentación de alegacións  Poderanse presentar ale...

📢 Nova axuda para comedor da Xunta de Galicia

Imaxe
📢 Nova axuda de 150€ por fillo/a para comedores escolares en Galicia A Xunta de Galicia acaba de lanzar unha nova convocatoria de axudas directas para o servizo de comedor do pasado curso 2025/2026 . 💰 En que consiste a axuda e canto se cobra? Trátase dun pago único de 150 € por cada fillo ou filla que fose usuario do comedor escolar. 💡 ¿É compatible con outras axudas? Sí, podes solicitala aínda que recibas outras subvencións para a mesma finalidade (sempre que o total non supere o custo real que pagaches polo comedor). 👤 Quen pode solicitala?  Para poder optar a este pago de 150 €, cómpre cumprir cos seguintes requisitos: Nivel educativo: Familias con alumnado matriculado durante o curso 2025/26 en 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria ou Educación Especial . Tipo de comedor: O servizo debe ser un comedor escolar non xestionado nin directa nin indirectamente pola Xunta.  Uso mínimo: O alumno/a debe ter asistido ao comedor, como mínimo, o 40% dos días le...

Aberto o prazo de incripción dos servizos de Jardanay

Imaxe
Bo día familias! Comeza o prazo para solicitar os servizos de mañanceiros, comedor, garda e custodia e cambiadores de Jardanay para o vindeiro curso. Como novidade, Jardanay estrea web para as inscripcións que permitirá ter un espazo privado para cada familia. Consultade ben a información no enlace que poñemos mais abaixo, onde indica todos os pasos que debedes seguir. Recordade que para o servizo de comedor hai un seguro obrigatorio de 11€ para todas as familias, socias e non socias. Tamén hai unha comisión por xestión de servizo de 40€ para as familias non socias da ANPA. No proceso de inscripción é importante que adxuntedes foto ou captura do carnet de socio (dispoñible en Ábaco). Estará aberto ata o 31 de agosto. Deixamos aquí o enlace coa información da inscripción: Inscripcion web Jardanay Aquí tedes ademais os enlaces directos actualizados de cada servizo para que poidades ler a información sobre cada un deles. Mañanceiros e comedor: Comedor e mañanceir@s Garda e custodia: Ser...

Bolsa comedor do Concello, publicada a lista de requerimentos.

Imaxe
Publicación da listaxe de requirimentos de corrección de Bolsa comedor, convocatoria 2026/2027. Mañán 8 de xuño abre o prazo para a presentación dos requerimientos, e estará aberto ata o 19 de xuño, ambos os incluídos. - Publicación da listaxe total expedientes presentados. - Publicación da listaxe de corrección. Ambas as listaxes poden consultarse nesta ligazón . LISTAXE TOTAL SOLICITUDES PRESENTADAS Na primeira listaxe están todas as solicitudes presentadas, co codigo de rexistro de entrada ordenado alfabeticamente, a súa data de entrada no Rexistro e co número de expediente que corresponde a cada solicitante. Se a solicitude presentouse no Rexistro de Ágora, o seu código de asento comeza por AGOE, no Fórum Metropolitano por FORE, na Franxa por FRAE e en Mesoiro ou María Pita por RMPE. Se se presentou na sede electrónica municipal, aparece no campo "código do asento" ou selo dixital de rexistro. Despois con este número, pode consultarse a segunda listaxe, onde f...

Concerto da Orquesta Sinfónica Infantil

Imaxe
Concerto de balde no Ágora, este sábado 06/06/2026 ás 18:00 horas. Máis información  aquí

Xuño no MUNCYT

Imaxe
Chega a axenda do MUNCYT de xuño, chea de actividades interesantes!  Entre outras:  TALLER TECNOLÓXICO FAMILIAR “CONSTRUCIÓN DUNHA MESA DE COMPOSICIÓN  MUSICAL ELECTRÓNICA”.  Sábado 20 ao 12.00 h. Público familiar (8-12 anos), reserva previa.  Proxecto de música electrónica con M8Factorial! con aparellos reciclados. ESPECTÁCULO MUSICAL “RAMONA PEQUENA VAI *Á LÚA” DE PAKOLAS.  Domingo 21 ao 12.00 h. Público familiar (a partir de 3 anos), reserva previa Música, fantasía didáctica e humor para coñecer a Ramona, unha nena apaixonada  polas ciencias que soña con converterse en astronauta.  YINCANA FAMILIAR.  Sábado 20 ao 13.15 h. e 18.00 h. Domingo 21 ao 13.15 h. Público familiar  (a partir de 6 anos), reserva previa.  TALLER “MUSEO SONORO”.  Sábado 20 e domingo 21 ao 11.15 h. Público familiar (a partir de 6 anos),  reserva previa.  Coñeceredes os sons de diversos aparellos utilizando tarxetas electrónicas Make...

Entrevista na radio do cole do alumnado de 2ºC

Imaxe
O alumnado de 2º C de primaria entrevistou ao director de "La Voz de Galicia" na radio do cole,  Neste enlace podedes descargar o programa e ver todas as fotos!  BIBLIOTECA EPB: radio Se non coñecedes a páxina, aproveitade para navegar un rato pola web, pois tedes ahí todos os programas de "Emilia na Onda".                                                                                                                 

Festa Dos Porcos 2026

Imaxe
Un ano máis chega a Festa dos Porcos á Praza da Tolerancia.  Será o vindeiro sábado 13 de xuño, desde as 11:00 da mañá, haberá actividades infantís, xogos tradicionais e moita música! 

Programa de actividades Coruña No Mar 2026

Imaxe
Nova edición do programa de actividades do Concello, Coruña no Mar.  Inscricións : Dende o 27/05/2026 ata o 31/05/2026 Prezo : a) Cursos semanais (de luns a venres): menores de 18 anos: 8,74 € b) Actividades dun día (venres, sábado ou domingo): 8,73 € TODA A INFORMACIÓN AQUÍ

29 de maio , festival de música e poesía no Ágora

Imaxe
Mañán venres 29 de maio, celébrase no Centro Ágora ás 20:00 un festival de música e poesía.  Entrada libre ata completar aforo. 

23 de Maio, día dos Museos

Imaxe
O 23 MAIO é o DÍA DOS MUSEOS, e os Museos Científicos Coruñeses terán xornadas de portas abertas. 🎟 Para visitar o Aquarium Finisterrae será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá realizarse cun máximo de 3 días de antelación. 🎟A visita ás salas de exposicións da Casa das Ciencias será libre, pero para asistir a unha sesión de Planetario haberá que reservar entradas, cun día de antelación. 🎟 Na Domus a entrada nesta xornada será libre, pero para acceder ao espazo MiniDomus hai que reservar entradas, cun máximo de 3 días de antelación Toda a info e os enlaces para solicitar as entradas premendo AQUÍ  

Axudas para libros e material curso 2026-2027

Imaxe
Nova convocatoria para o vindeiro curso escolar:  📚 Do 19 de maio ao 19 de xuño estará aberto o prazo para solicitar as axudas de libros e material escolar. ♻️ Préstamo de libros do fondo  📘 Axudas á compra de libros ✏️ Vales para adquisición de material ℹ️ https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Día das Letras Galegas na Praza Torrente Ballester

Imaxe
A Asociación Somos Nos, organiza o vindeiro domingo, día das Letras Galegas, unha xornada con música e baile coa Asociación Donaire, na Plaza Torrente Ballester.

Becas MEC para alumnado con NEAE

Imaxe
Hoxe publicáronse as becas MEC, para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, para o vindeiro curso escolar 2026/2027. A solicitude estará aberta desde o 19 de maio ata o 10 de setembro. Pode solicitala alumnado con NEAE vinculadas a discapacidade, trastornos graves de conduta ou da comunicación e a linguaxe, trastorno do espectro autista e altas capacidades. A beca poderá solicitala alumnado de educación infantil, primaria, secundaria e bacharelatoe FP ( agás para as altas capacidades, que non está contemplada a etapa de Educación Infantil)  Toda a información premendo aquí . 

Día da Ciencia na Rúa 2026

Imaxe
📆 Este sábado, 9 de maio, de 11 a 19 horas 📍 Xardíns de Méndez Núñez, A Coruña   Día da Ciencia na Rúa 2026, un día cheo de ciencia e diversión,  con experiencias e actividades de física, bioloxía, matemáticas, tecnoloxía...  Tamén haberá actividades na Casa das Ciencias, e xornada de portas abertas na Casa das Ciencias, Acuario e Domus. Organizado pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e Cátedra Emalcsa-UDC. Toda a información e enlace para solicitar as entradas para os museos, premendo aquí . 

Festa das Letras Galegas 2026 na Coruña

Imaxe
Este ano 2026 o Día das Letras Galegas adícase a Begoña Caamaño  . Para conmemorar este día, o Concello ten organizada unha axenda de actividades que empezan xa mañán, e que terán o seu punto forte do 14 ao 17. Este ano levan a cabo un programa de actividades gratuítas que inclúe concertos, espectáculos familiares, música tradicional, encontros e artes escénicas. O programa completo premendo  aquí  

Axenda no MUNCYT maio 2026

Imaxe
Xa está publicada a axenda deste mes de maio no MUNCYT. Talleres, gincanas, un scape sobre Albert Einstein, información sobre eclipses e moito máis!  Toda a información aquí  

Convocatoria de eleccións Anpa

Imaxe
Familias, tedes un comunicado importante na aplicación Ábaco. O 12 de maio é a data límite para presentar a candidatura á directiva da Anpa Milnen@s. 

Campamento de verán no Emilia

Imaxe
Tras a asamblea xeral coas familias asistentes, este ano o campamento de verán no Emilia levarano a cabo 2 empresas das que xa nos prestan servizos de actividades extraescolares, o Clube Deportivo Rosales (predeporte, baloncesto e fútbol sala) e Daigoro (judo e defensa persoal).  O campamento está destinado a alumnado de 3 a 15 anos, e abrangue desde o 22 de xuño ata o 31 de xullo, ambos incluídos.  O campamento contempla horario ampliado con mañanceiros e comedor desde as 07:45 ás 16:00 horas.  Neste dossier tedes toda a información sobre as actividades a desenvolver, quendas, prezos e demáis:  Campamento urbano 25-26.pdf - Google Drive As inscripcións poden facerse desde xa, no seguinte formulario:  I Campamento Urbano Los Rosales Con calquera dúbida podedes escribirlles directamente: info@clubdeportivolosrosales.com

Próxima convocatoria de campamentos municipais verán 2026

Imaxe
O Concello abrirá a vindeira semana os prazos para a solicitude dos campamentos municipais.  A campaña deste ano son 6.116 prazas distribuídas en oito modalidades:  Campacoles: 1.080 prazas Campamentos de Fórum e Ágora: 1.350 prazas  Campamentos municipais de día: 416 prazas Campamentos urbanos nos centros cívicos: 2.250 prazas  Campamentos tradicionais con pernocta: 180 prazas Campamentos deportivos:  640 prazas Campamentos de Mocidade:  con 100 prazas Escola de Verán da OMIC: 100 prazas prazas Están destinados a nen@s nad@s desde 2022 ata mozos e mozas de 17 anos, con propostas adaptadas ás diferentes etapas da infancia e da adolescencia.  Reservaranse 98 prazas para menores con necesidades educativas especiais ou diversidade funcional, en función das características de cada programa. A preinscrición será os días 4, 5, 6 e 7 de maio. As listaxes provisionais publicaranse o 15 de maio e o prazo de reclamacións será os días 18 e 19.  O sorteo d...

Mobilización polo ensino público 6M

Imaxe
FEDAPAS, a Federación de Anpas, solicítanos a difusión dunha mobilización polo ensino público para o vindeiro 6 de maio, en horario de tarde, saíndo da Praza de Catro Camiños.  É unha mobilización conxunta, de profesorado, familias e persoal non docente. 

Taller de poesía no Cole con Dores Tembrás

Imaxe
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º está de sorte, pois o vindeiro 22 de abril pola tarde, haberá un obradoiro de Poesía en Familia.  O taller impártese na Bibliolab, en horario de 17:00 a 18:45, a cargo da gran artista Dores Tembrás , se tedes ocasión non dubidedes en anotarvos!!  Botadelle unha ollada á súa web,  Web de Dores Tembrás E se queredes anotarvos, premendo aquí:  INSCRICIÓN OBRADOIRO FAMILIAS-FILLOS/AS POESÍA CON DORES TEMBRÁS. Aquí podedes ver algúns traballiños do curso pasado:  BIBLIOTECA EPB: Comerte a versos

Xornada de portas abertas no CMUS

Imaxe
O Conservatorio Profesional de Música da Coruña celebra Xornadas de Portas Abertas, e inicia o proceso de inscrición para as Probas de Acceso ao vindeiro curso académico. As Xornadas de Portas Abertas terán lugar o 21 e 28 de abril e o alumnado interesado pode inscribirse neste  formulario  O prazo de inscrición para as Probas de Acceso abrirá proximamente: 

Publicados os Campamentos de verán da Xunta de Galicia para este verán 2026

Imaxe
Para poder solicitar praza nas actividades ofertadas pola Xunta, débese ter expedido   DNI ou NIE na data de presentación da solicitude e residir en Galicia. Para os campamentos que inclúan na súa programación actividades acuáticas é requisito saber nadar. Ningunha persoa participante poderá ser admitida en máis dun campamento por ano.  A praza adxudicada será intransferible. O prazo inicia mañán, e farase por sede electrónica da Xunta, tedes aquí toda a información:  Campas Xunta 2026

Campaña da renda e deduccións por material escolar

Imaxe
          Recordade que este ano, na declaración da renda, hai deduccións por adquisión de libros de texto e material escolar, con un máximo de 105€ por filla ou fillo.  Esta deducción contemplase para educación primaria, secundaria o educación especial.    Os requisitos, entre outros é que as nenas e nenos cursen educación primaria, secundaria ou educación especial nun centro público ou concertado.  A renta per cápita da unidade familiar non pode superar os 30.000 €. O gasto acreditarse mediante factura detallada dos bens adquiridos e os xustificantes de pago por tarxeta, transferencia bancaria, cheque nominativo, ingreso en conta ou a través de plataformas de pagos electrónicos instantáneos.  Máis información:  Por compra de libros de texto y material escolar - Axencia Tributaria de Galicia Agencia Tributaria: Por la adquisición de libros de texto y material escolar

Xornada gratuita para familias: "DE LA EDUCACIÓN AL EMPLEO: CONSTRUYENDO OPORTUNIDADES REALES"

Imaxe
A Fundación María José Jove e COGAMI, organizan por cuarto ano consecutivo a xornada de sensibilización "Aprender a Incluír". O evento deste ano centrarase no acceso ao emprego das persoas con discapacidade. O encontro celebrarase este nércores 5 de abril e abordará a transición da educación ao mercado laboral. Baixo o lema "Da educación ao emprego: construíndo oportunidades reais", a xornada terá un enfoque eminentemente práctico e reunirá a organizacións especializadas no emprego de persoas con discapacidade. O obxectivo é crear un espazo de diálogo e aprendizaxe sobre os desafíos e oportunidades que existen na transición da educación ao emprego, así como compartir as mellores prácticas que contribúan a unha inclusión laboral efectiva. 🗓️ Data e hora: mércores 15 de abril, de 18:00 a 19:30 h. 📍Localización: Sede da Fundación María José Jove. Entrada gratuíta, previa inscrición, premendo aquí  

Xornada Gratuíta "Saúde mental, redes sociais e adolescencia"

Imaxe
O vindeiro 8 de abril hai unha xornada gratuíta sobre saúde mental e redes sociais na adolescencia.  Será no salón de actos da Facultade de Saúde da UDC (Campus de Oza).  A xornada é de 13:00 a 14:30 e require de inscripción previa, que poderá facerse ata o mesmo día ás 12:00.  Haberá unha presentación dun libro sobre o tema, e posteriormente a conferencia:    "Viviendo en el feed. Salud mental y redes sociales en la adolescencia"  ( Mónika Jiménez , profesora da Universidade Pompeu Fabra) Aquí o enlace da inscripción:  inscrición E aquí máis información:  Información

Axenda MUNCYT abril 2026

Imaxe
Xa está aquí a axenda deste mes de abril de 2026 no Muncyt.  Coma sempre haberá moitas actividades e todas de balde.  Este mes hai unha chea de actividades moi interesantes:  - P resentación do xogo do Go, a súa historia e curiosidades, e o  primeiro torneo oficial de Go de Galicia , un xogo de taboleiro con 4.000 anos de historia.  - Xornada sobre as Violencias Machistas Dixitais.  - E como sempre, gincanas familiares, xogos de pistas e moito máis.  Toda a información premendo aquí:  Axenda abril

Primeira etapa da carreira ciclista profesional "O gran camiño 2026"

Imaxe
Desde o servizo de deportes do Concello avísannos de que o  vindeiro  MARTES 14 DE ABRIL  terá lugar na cidade a primeira etapa da carreira ciclista profesional   O GRAN CAMIÑO 2026 , unha contra-reloxo individual de 15 quilómetros, con saída e chegada na Torre de Hércules. Esta proba é unha oportunidade para que @s nen@s poidan ver de primeira man unha proba ciclista internacional de alto nivel, pois xa está confirmada a participación  dalgúns dos mellores equipos do mundo, como o UAE Team Emirates e o Visma | Lease a Bike, primeiro e segundo clasificados no ránking internacional na pasada tempada.  Tamén estará o Movistar Team e  o equipo Q36.5 Pro Cycling Team.   E o mellor, que e ntre outras zonas da cidade, pasarán polo barrio dos Rosais :)  Toda a información está dispoñible na páxina web municipal de Deportes ( www.coruna.gal/deportes ) así como no teléfono de información gratuíto 010. Importante ter en conta que a  haberá af...

Menú Jardanay 3º trimestre

Imaxe
Moi boas, xa está publicado o menú de Jardanay para este terceito trimestre. Podes descargalo premendo  aquí

Festival "Talento da Coruña II"

Imaxe
Este domingo 29 de marzo ás 19:30, celébrase no Centro Ágora a 2 ª edición deste festival de humor, música e teatro no Centro Ágora, dentro do programa Agra no Ágora , financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación Veciñal Agra do Orzán. Entradas de balde ata completar aforo.  Programa:  " As aparencias enganan ": sketch cómico de Javi Tink formado por dúas pezas relacionadas entre si: "Queimando prexuízos" e "Choiazo no mercado"  " 55 metros cadrados ": peza de microteatro de Javi Tink " Verdades involuntarias ": monólogo cómico de Laura Prego Concerto de   Belfluters : cuarteto de música tradicional e celta Festival Talento da Coruña II: microteatro e improvisación

XXVII Certamen de Teatro Escolar e Afeccionado da Diputación da Coruña.

Imaxe
   Chega un ano máis o Certamen de Teatro Escolar e Afeccionado da Diputación da Coruña, que se celebra no salón de actos do IES Rosalía Mera , de marzo a maio.  As obras de teatro son gratuitas e abren as portas 10 minutos antes de cada obra.  Tedes toda a información premendo neste enlace:  Calendario Certamen - IES Rosalía Mera E aquí todas as obras coa calificación para públicos:   calendario publico xxvii certame teatro 2026 actualizado a 09_03_2026.pdf Non perdades esta oportunidade! 

Xornada: "Comprendendo e acompañando o desenvolvemento dos nosos fillos e fillas"

Imaxe
FEDAPAS , a Federación de Anpas da Coruña organiza unha formación para familias de alumnado de Educación Primaria e solicitanos difusión das mesmas:  A Xornada ten por nome" Comprendendo e acompañando o desenvolvemento dos nosos fillos e fillas" e tratará os seguintes temas:  Desenvolvemento infantil : Como crecen e aprenden os nenos e nenas, e que esperar en cada etapa. Sinais de alerta : Que observar para detectar posibles dificultades a tempo. Dificultades de aprendizaxe e  TDAH : Comprender estes desafíos e saber como actuar desde casa e en colaboración coa escola. Conduta : Estratexias para acompañar o comportamento infantil desde o respecto e a  empatía . O labor educativo da familia : Como inflúe a contorna familiar no desenvolvemento persoal e escolar. Educación consciente no fogar : Ferramentas para criar con presenza, afecto e límites saudables. Data:  Sábado día 11 de abril Horario : De 9:00 a 14:00 horas Lugar : Sede Federación  Prov .  AN...