Apertura do Banco de Libros da AMPA Milnen@s para o curso 2026/2027
Xa está aberto o prazo para solicitar libros do Banco de Libros da AMPA Milnen@s para o curso 2026/2027.
O rexistro de solicitudes realizarase mediante un formulario de Google, ao que podedes acceder a través da seguinte ligazón:
👉 https://forms.gle/mtEccxgoRjfrGw3s8
Do 20 ao 30 de xullo poderedes cubrir un formulario por cada libro que desexedes solicitar. Unha vez enviado cada formulario, recibiredes un correo electrónico de confirmación.
Ao rematar o prazo de solicitudes, o 30 de xullo, enviarémosvos ao voso correo electrónico un xustificante con todos os libros solicitados.
Durante os primeiros días de setembro (datas aínda por confirmar), as familias solicitantes deberán recoller os libros no local da AMPA, situado no centro educativo. Para iso, deberán presentar asinado o documento en formato PDF que recibirán adxunto ao correo electrónico.
Lembramos a todas as familias que, para beneficiarse do Banco de Libros, é imprescindible ser socias da AMPA durante todo o curso escolar no que dure o préstamo, así como estar ao día no pagamento das cotas e dos servizos ofrecidos pola asociación.
Bases do Banco de Libros
- Os libros repartiranse entre o alumnado que non resulte beneficiario do Fondo Solidario de Libros da Xunta de Galicia.
- A asignación realizarase por rigorosa orde de recepción das solicitudes, sempre en función da dispoñibilidade de exemplares.
- As familias que reciban libros en préstamo do Banco de Libros da AMPA Milnen@s comprométense a coidalos e a facer un uso responsable deles.
- Os libros deberán devolverse ao rematar o curso 2026/2027 (datas aínda por confirmar), de maneira presencial, no lugar e datas que comunique a AMPA.
- O incumprimento desta obriga implicará o aboamento de 20 € por cada exemplar non devolto, co obxectivo de garantir a continuidade e o bo funcionamento do Banco de Libros.

Comentarios
Publicar un comentario