Publicacións

Mostrando publicacións desta data: agosto, 2026

Un recordo especial para pechar o curso

Imaxe
Este fin de curso quixemos despedilo cun recordo especial para o noso alumnado, uns peixes de cores para todos os nenos e nenas do colexio e, para o alumnado de 6.º de Primaria, que remata a súa etapa no centro e comeza un novo camiño, un bonito estoxo personalizado. Estes agasallos son moito máis ca simples obxectos. Detrás de cada peza hai tempo, esforzo, aprendizaxe e un proxecto social cheo de valor. Foron elaborados pola Fundación Érguete-Integración, coa participación de persoas en situación de vulnerabilidade e persoas que están a cumprir condena, así como coa colaboración do alumnado do CEE Nosa Señora de Lourdes de Aspronaga. Desde a ANPA Milnenos queremos agradecer sinceramente o traballo, a dedicación e o agarimo de todas as persoas que fixeron posibles estes detalles. Iniciativas coma esta favorecen a inclusión e converten o traballo compartido nunha oportunidade de aprendizaxe e crecemento para todas e todos. Desexámoslle tamén ao alumnado de 6.º moita sorte na nova ...