Un recordo especial para pechar o curso
Este fin de curso quixemos despedilo cun recordo especial para o
noso alumnado, uns peixes de cores para todos os nenos e nenas do colexio e,
para o alumnado de 6.º de Primaria, que remata a súa etapa no centro e comeza
un novo camiño, un bonito estoxo personalizado.
Estes agasallos son moito máis ca simples
obxectos. Detrás de cada peza hai tempo, esforzo, aprendizaxe e un proxecto
social cheo de valor. Foron elaborados pola Fundación Érguete-Integración, coa
participación de persoas en situación de vulnerabilidade e persoas que están a
cumprir condena, así como coa colaboración do alumnado do CEE Nosa Señora de
Lourdes de Aspronaga.
Desde a ANPA Milnenos queremos agradecer
sinceramente o traballo, a dedicación e o agarimo de todas as persoas que
fixeron posibles estes detalles. Iniciativas coma esta favorecen a inclusión e
converten o traballo compartido nunha oportunidade de aprendizaxe e crecemento
para todas e todos.
Desexámoslle tamén ao alumnado de 6.º
moita sorte na nova etapa que comeza. Agardamos que leve consigo un bonito
recordo do seu paso polo colexio.
As familias que desexen apoiar o labor da
Fundación poden consultar as diferentes formas de realizar unha doazón na
seguinte ligazón:
https://www.fundacionerguete.org/colabora_donar_es.html
Grazas a todas as persoas e entidades que
fan posibles proxectos tan fermosos e necesarios!


Comentarios
Publicar un comentario