Banco de libros de texto
Para o correcto rexistro das solicitudes, necesitamos que se envíen ao correo electrónico milnenos@gmail.com
1. O asunto do correo debe ser: SOLICITUDE BANCO DE LIBROS.
2. Deben detallarse os datos do alumnado: nome e apelidos + curso para o que se solicitan os libros.
3. Nome do titor ou titora responsable. No momento da entrega facilitarase un documento no que consten os libros que se prestan e o compromiso de devolvelos ao final do curso.
(Se fuches familia doante e non fixeches a devolución dos libros, a túa solicitude quedará pendente de valoración, non sendo aplicables os criterios anteriores.)
4. Listado dos libros solicitados.
As bases para establecer o reparto do Banco de Libros serán:
1- Os libros repartiranse entre o alumnado que non resulte beneficiario do Fondo Solidario de Libros da Xunta de Galicia.
2- A asignación realizarase por rigorosa orde de recepción das solicitudes, sempre en función da dispoñibilidade de exemplares.
3- As familias que reciban libros en préstamo do Banco de Libros da AMPA Milnen@s comprométense a coidalos e a facer un uso responsable deles.
4- Os libros deberán devolverse ao rematar o curso 2026/2027 (datas aínda por confirmar), de maneira presencial, no lugar e datas que comunique a AMPA.
5- O incumprimento desta obriga implicará o aboamento de 20 € por cada exemplar non devolto, co obxectivo de garantir a continuidade e o bo funcionamento do Banco de Libros.
Lembramos a todas aquelas familias que teñades libros actualizados de 3º e 4º de primaria (non conseguidos co fondo solidario da Xunta) e que poidades e queirades doar, que vos poñades en contacto connosco a través do correo milnenos@gmail.com para facer a entrega. Os libros poderán deixarse no propio colexio (conserxería) entre o 21 de xuño e o 4 de xullo, aínda que seguiremos admitindo libros durante todo o curso.

Comentarios
Publicar un comentario