Quen somos?

A ANPA Milnen@s é unha asociación de nais, pais e persoas titoras do alumnado matriculado no CEIP Emilia Pardo Bazán

Milnen@s realiza actividades conducentes a mellorar a calidade educativa do centro e a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral:
  • Promove actividades extraescolares de carácter formativo, cultural, deportivas, e colabora coa dirección do centro en todas as actividades que esta organiza.
  • Promove reunións de colaboración entre pais/nais e profesores/as do centro.
  • Estimula a participación dos pais/nais de alumnos na programación xeral do ensino a través do órgano colexiado correspondente.
  • Fomenta as relacións de cooperación do centro con outros establecementos escolares e cos sectores sociais e culturais da contorna.
  • Promove a plena realización do principio de gratuidade no ámbito do centro, así como a efectiva igualdade de dereitos de todos os alumnos sen discriminación por razóns socio-económicas, ideolóxicas, confesionais, de raza ou sexo.
  • Require aos poderes públicos o cumprimento das leis, regulamentos e plans de actuación relativos á educación, demandando a atención e axudas que esta merece.
  • Eleva aos poderes públicos peticións, informes e estudos sobre os temas que lle son propios.

Por que facerse familia socia?

  • A ANPA participa no funcionamento das actividades educativas do centro, actualmente xestiona os programas de Mañanceiros, Comedor, Cambiador, Garda e Custodia, así como as actividades extraescolares.
  • Tamén organiza e colabora co centro en distintas celebracións, como a Festa de Fin de Curso, Magosto ou o Entroido.
  • A cota de familia socia neste curso 2026/2027 é de 20€. Con esta cota sufráganse gastos ordinarios e axúdase en outras actividades para o alumnado.
Premendo aquí podes consultar os nosos estatutos