Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2026

Axenda no MUNCYT maio 2026

Imaxe
Xa está publicada a axenda deste mes de maio no MUNCYT. Talleres, gincanas, un scape sobre Albert Einstein, información sobre eclipses e moito máis!  Toda a información aquí  

Convocatoria de eleccións Anpa

Imaxe
Familias, tedes un comunicado importante na aplicación Ábaco. O 12 de maio é a data límite para presentar a candidatura á directiva da Anpa Milnen@s. 

Campamento de verán no Emilia

Imaxe
Tras a asamblea xeral coas familias asistentes, este ano o campamento de verán no Emilia levarano a cabo 2 empresas das que xa nos prestan servizos de actividades extraescolares, o Clube Deportivo Rosales (predeporte, baloncesto e fútbol sala) e Daigoro (judo e defensa persoal).  O campamento está destinado a alumnado de 3 a 15 anos, e abrangue desde o 22 de xuño ata o 31 de xullo, ambos incluídos.  O campamento contempla horario ampliado con mañanceiros e comedor desde as 07:45 ás 16:00 horas.  Neste dossier tedes toda a información sobre as actividades a desenvolver, quendas, prezos e demáis:  Campamento urbano 25-26.pdf - Google Drive As inscripcións poden facerse desde xa, no seguinte formulario:  I Campamento Urbano Los Rosales Con calquera dúbida podedes escribirlles directamente: info@clubdeportivorosales.com