23 de Maio, día dos Museos
O 23 MAIO é o DÍA DOS MUSEOS, e os Museos Científicos Coruñeses terán xornadas de portas abertas.
🎟 Para visitar o Aquarium Finisterrae será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá realizarse cun máximo de 3 días de antelación.
🎟A visita ás salas de exposicións da Casa das Ciencias será libre, pero para asistir a unha sesión de Planetario haberá que reservar entradas, cun día de antelación.
🎟 Na Domus a entrada nesta xornada será libre, pero para acceder ao espazo MiniDomus hai que reservar entradas, cun máximo de 3 días de antelación
Toda a info e os enlaces para solicitar as entradas premendo AQUÍ
Comentarios
Publicar un comentario