Servizo de Cambiadores
Este servizo, xestionado pola empresa Jardanay, está dirixido ao alumnado de Educación Infantil.
O persoal desprazarase ao centro escolar para cambiar ao neno ou nena sempre que sexa necesario.
🕒 Horario. O servizo está dispoñible durante:
- O horario lectivo (9:00-14:00)
- O servizo de mañanceir@s (7:30-9:00)
- O comedor escolar (14:00-15:30)
📱Teléfono de contacto do coordinador/a:
- 637 764 388 (David)
💰 Custo
- 19 € mensuais (tarifa fixa)
- + 2,50 € por cada intervención
🎒 Que deben aportar as familias?
As familias usuarias deberán deixar no centro:
- Unha muda completa
- Todo o material marcado co nome e curso do neno/a metidos nunha caixa para evitar perdas ou estragos.
Alta, baixa e modificación no servizo de cambiadores:
As solicitudes de alta no servizo de cambiadores, así como as baixas, renuncias ou modificacións nos referidos servizos, realizaranse mediante o cumprimento dos formularios electrónicos facilitados por Jardanay a través da súa páxina web.
Hai que solicitar o rexistro e crear un perfil, no que se introduce a información d@s nen@s.
O prazo inicial estará aberto desde o 01 de xullo de 2026 ata o 31 de agosto de 2026 (23:55 h).
O resto do curso escolar, poderase contratar o servizo ata o 26 do mes en curso, efectivo a partir do día 1 do mes seguinte.


Comentarios
Publicar un comentario