Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2026

Taller de Samaín!

Imaxe
Bo día familias!! Este Samaín queremos encher o Emilia de maxia, creatividade… e moito terror! 🕸️🦇 📅 Venres 23 de outubro 🕟 De 16:30 a 18:00 h 🧡 Vén decorar a túa cabaza connosco! E se aínda non tes cabaza, non te preocupes! Podes vir igualmente e axudarnos a transformar o Emilia nun auténtico cole de terror. 🏫💀 🎨 Será un taller aberto a todas as familias, no que poderemos compartir un anaco divertido facendo decoracións e manualidades para preparar o cole para o Samaín. 📌 Que tes que traer? 🎃 A túa propia cabaza para decorar. ✂️ Materiais que poidas achegar para as decoracións e manualidades (Rollos de papel, follas, castañas, pinturas… ou calquera material que poidas achegar e compartir) 👨‍👩‍👧‍👦 Importante : os nenos e nenas deberán vir acompañados dunha persoa adulta. Os adultos tamén deben apuntarse. 🕷️ Anímate a participar e axúdanos a crear un Emilia terrorificamente divertido! ❗ Incripción: Ata o 20 de outubro ás 23:00h a través de Ábaco. Agardámoste! 🧡🖤