Banco de Kimonos de Judo
Estimadas familias,
Tedes á vosa disposición un banco de kimonos no que se aceptan doazóns e solicitudes.
Data de apertura de solicitudes: pendente de confirmación.
Débese cubrir a seguinte solicitude: Solicitud banco Kimonos
As bases para establecer a repartición do Banco de Kimonos serán as seguintes:
1- Terán prioridade as familias que realicen doazóns.
2- O resto da repartición realizarase por rigorosa orde de recepción das solicitudes, sempre en función da dispoñibilidade de tallas.
3- As familias que reciban kimonos en préstamo do Banco de Kimonos da AMPA Milnen@s comprométense a coidalos e a facer un uso responsable deles.
4- Deberán devolverse ao rematar o curso 2026/2027 (datas aínda por confirmar), de maneira presencial, no lugar e datas que comunique a AMPA.
5- O incumprimento desta obriga implicará o aboamento de 30 € por kimono non devolto, co obxectivo de garantir a continuidade e o bo funcionamento do Banco de Kimonos.

Comentarios
Publicar un comentario