Servizo de Garda e Custodia
👩🏫 Trátase dun servizo de recollida ampliada para as familias prestado pola empresa Jardanay, que contará con monitores e monitoras para atender aos nenos e nenas ata as 14:30 h.
👉 Está especialmente pensado para familias que:
- Non poden chegar á recollida das 14:00 h.
- Pero si poden facelo ás 14:30 h sen precisar o servizo de comedor escolar.
📅 Modalidade de contratación:
- O servizo non se pode contratar por días soltos
- Debe contratarse de luns a venres
- 🚫 Non está permitido levar comida
💰 Custo:
- 33,52€ ao mes por neno/a (curso 2026/2027)
📝 Inscrición:
- Prazo inicial: do 1 de xullo ao 31 de agosto (23:55 h)
👉 Unha vez iniciado o curso:
- Poderán tramitarse altas ata o día 26 de cada mes
- A incorporación será efectiva o día 1 do mes seguinte
📲 Recollidas, autorizacións e contacto:
- As autorizacións deben tramitarse a través da web de Jardanay con polo menos 24 horas de antelación.
- Podedes contactar coa persoa coordinadora no teléfono: 637 764 388 (David)
Alta, baixa e modificación no servizo de garda e custodia:
As solicitudes de alta no servizo de garda e custodia, así como as baixas, renuncias ou modificacións nos referidos servizos, realizaranse mediante o cumprimento dos formularios electrónicos facilitados por Jardanay a través da súa páxina web.
Este ano a empresa estrea web de inscrición: Comedor Jardanay - Acceso
Hai que solicitar o rexistro e crear un perfil, no que se introduce a información d@s nen@s.
O prazo inicial estará aberto desde o 01 de xullo de 2026 ata o 31 de agosto de 2026 (23:55 h).
O resto do curso escolar, poderase contratar o servizo ata o 26 do mes en curso, efectivo a partir do día 1 do mes seguinte.
Toda a información premendo aquí.

Comentarios
Publicar un comentario