Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2026

Xuño no MUNCYT

Imaxe
Chega a axenda do MUNCYT de xuño, chea de actividades interesantes!  Entre outras:  TALLER TECNOLÓXICO FAMILIAR “CONSTRUCIÓN DUNHA MESA DE COMPOSICIÓN  MUSICAL ELECTRÓNICA”.  Sábado 20 ao 12.00 h. Público familiar (8-12 anos), reserva previa.  Proxecto de música electrónica con M8Factorial! con aparellos reciclados. ESPECTÁCULO MUSICAL “RAMONA PEQUENA VAI *Á LÚA” DE PAKOLAS.  Domingo 21 ao 12.00 h. Público familiar (a partir de 3 anos), reserva previa Música, fantasía didáctica e humor para coñecer a Ramona, unha nena apaixonada  polas ciencias que soña con converterse en astronauta.  YINCANA FAMILIAR.  Sábado 20 ao 13.15 h. e 18.00 h. Domingo 21 ao 13.15 h. Público familiar  (a partir de 6 anos), reserva previa.  TALLER “MUSEO SONORO”.  Sábado 20 e domingo 21 ao 11.15 h. Público familiar (a partir de 6 anos),  reserva previa.  Coñeceredes os sons de diversos aparellos utilizando tarxetas electrónicas Make...

Entrevista na radio do cole do alumnado de 2ºC

Imaxe
O alumnado de 2º C de primaria entrevistou ao director de "La Voz de Galicia" na radio do cole,  Neste enlace podedes descargar o programa e ver todas as fotos!  BIBLIOTECA EPB: radio Se non coñecedes a páxina, aproveitade para navegar un rato pola web, pois tedes ahí todos os programas de "Emilia na Onda".                                                                                                                 

Festa Dos Porcos 2026

Imaxe
Un ano máis chega a Festa dos Porcos á Praza da Tolerancia.  Será o vindeiro sábado 13 de xuño, desde as 11:00 da mañá, haberá actividades infantís, xogos tradicionais e moita música!