Comedor Escolar. Información para o curso 2026/2027
🍲Menú Primeiro Trimestre Xenérico 2026-2027
O servizo de comedor está xestionado pola empresa Jardanay.
📌A ter en conta para gozar do servizo:
- Seguro obrigatorio de 11 €, que deben abonar todas as familias (socias e non socias).
- As familias non socias deberán pagar ademais unha cota de 40 € en concepto de xestión.
- Esta cota está bonificada para as familias socias da ANPA Milnen@s.
👉 Por este motivo, é importante que no proceso de inscrición (aplicación de Jardanay) acheguedes unha foto ou captura do carné de familia socia.
🕒 Horario e funcionamento:
- O alumnado accede ao comedor directamente ao rematar as clases.
- Horario do servizo: de 14:00 a 16:00h.
- A recollida pode realizarse a partir das 15:30h, momento de apertura de portas.
🪥 Hixiene diaria:
Despois de comer, todo o alumnado debe lavar os dentes, organizándose en diferentes quendas. Cada nena e neno deberá traer na mochila:
- Un estoxo (preferiblemente transparente)
- Cepillo de dentes
- Pasta dentífrica
👉 Todo o material debe ir ben identificado co seu nome.
⚠️ Normas de comportamento:
Existen medidas organizadas por cores segundo a gravidade das faltas (leves, graves e moi graves), consensuadas entre o centro educativo, Jardanay e a ANPA.
En caso de incidencia:
- A persoa coordinadora poñerase en contacto coas familias
- Informará do procedemento a seguir en cada caso
🧺 Excursións:
Nos días de saída escolar, o alumnado usuario do comedor recibirá unha bolsa picnic, que inclúe:
- Bocadillo, peza de froita, lácteo, auga e algún doce
🎨 Actividades extraescolares:
O alumnado que teña actividades despois do comedor será acompañado polo persoal coidador ata a actividade correspondente.
📲 Recollidas, autorizacións e contacto:
As autorizacións deben tramitarse a través da web de Jardanay con polo menos 24 horas de antelación.
📞 En caso de urxencia inmediata, podedes contactar coa persoa coordinadora no teléfono: 637 764 388 (David)
💰 Custes do servizo:
- 2 irmáns/irmás: 10% de desconto na modalidade máis económica.
- 3 ou máis irmáns/irmás: 12% de desconto na modalidade máis económica.
- A modalidade esporádica non ten descontos.

