Publicación do listado provisional das bolsas comedor para o curso escolar 2026/27
📢 Publicación do listado provisional das bolsas comedor para o curso escolar 2026/2027
O pasado 8 de xullo o concello da Coruña publicou a proposta de resolución provisional da convocatoria de bolsas comedor para o curso escolar 2026/2027 e a súa apertura do prazo de alegacións.
🔎 Onde podo consultar a listaxe e toda a información?
Podes consultar a proposta de resolución provisional e a listaxe que a acompaña nos seguinte medios:
- Taboleiro de anuncios e edictos municipal no seguinte vínculo:
https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/infopublica?method=enter&edictos=true - Páxina web de servizos sociais:
https://www.coruna.gal/servizossociais/gl?argIdioma=gl - Teléfono de Atención Cidadá 010, no horario de 08.00 a 20.30 h, de luns a venres e de 09.00 a 14.00 h os sábados.
Todas as listaxes obxecto de publicación identifican a solicitude do alumnado atendendo ao código do seu expediente individual.
📅 Prazo para a presentación de alegacións
Poderanse presentar alegacións dentro dun prazo de DEZ (10) DIAS HÁBILES, que se iniciará o día seguinte hábil ó da publicación do anuncio (8 de xullo). Dentro deste prazo as persoas beneficiarias e interesadas poderán aducir alegacións e aportar documentos que serán tidos en conta na resolución definitiva. As alegacións poderán presentarse:
- De xeito presencial: Nas oficinas dos Rexistros municipais de María Pita, Ágora, Fórum, e a Franxa.
- De forma telemática ou electrónica: Na sede electrónica do Concello da Coruña:
https://sede.coruna.gal/sede/gl - Por calquera outro medio dos que permite o artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Comentarios
Publicar un comentario