Aberto o prazo de incripción dos servizos de Jardanay


Bo día familias!

Comeza o prazo para solicitar os servizos de mañanceiros, comedor, garda e custodia e cambiadores de Jardanay para o vindeiro curso.

Como novidade, Jardanay estrea web para as inscripcións que permitirá ter un espazo privado para cada familia.

Consultade ben a información no enlace que poñemos mais abaixo, onde indica todos os pasos que debedes seguir.

Recordade que para o servizo de comedor hai un seguro obrigatorio de 11€ para todas as familias, socias e non socias.

Tamén hai unha comisión por xestión de servizo de 40€ para as familias non socias da ANPA.

No proceso de inscripción é importante que adxuntedes foto ou captura do carnet de socio (dispoñible en Ábaco).

Estará aberto ata o 31 de agosto.

Deixamos aquí o enlace coa información da inscripción: Inscripcion web Jardanay

Aquí tedes ademais os enlaces directos actualizados de cada servizo para que poidades ler a información sobre cada un deles.

Mañanceiros e comedor: Comedor e mañanceir@s

Garda e custodia: Servizo de Garda e custodia


Trámites: Trámites


Comentarios