Próxima convocatoria de campamentos municipais verán 2026
O Concello abrirá a vindeira semana os prazos para a solicitude dos campamentos municipais.
A campaña deste ano son 6.116 prazas distribuídas en oito modalidades:
- Campacoles: 1.080 prazas
- Campamentos de Fórum e Ágora: 1.350 prazas
- Campamentos municipais de día: 416 prazas
- Campamentos urbanos nos centros cívicos: 2.250 prazas
- Campamentos tradicionais con pernocta: 180 prazas
- Campamentos deportivos: 640 prazas
- Campamentos de Mocidade: con 100 prazas
- Escola de Verán da OMIC: 100 prazas prazas
Están destinados a nen@s nad@s desde 2022 ata mozos e mozas de 17 anos, con propostas adaptadas ás diferentes etapas da infancia e da adolescencia.
Reservaranse 98 prazas para menores con necesidades educativas especiais ou diversidade funcional, en función das características de cada programa.
A preinscrición será os días 4, 5, 6 e 7 de maio.
As listaxes provisionais publicaranse o 15 de maio e o prazo de reclamacións será os días 18 e 19.
O sorteo de prazas realizarase o 21 de maio e as listaxes definitivas publicaranse o 1 de xuño.
A inscrición e pagamento das persoas serán os días 2, 3, 4 e 5 de xuño, e a xestión das listas de agarda comezará a partir do 10 de xuño.
Toda a información aquí: Campamentos de Verano 2026

Comentarios
Publicar un comentario