Primeira etapa da carreira ciclista profesional "O gran camiño 2026"





Desde o servizo de deportes do Concello avísannos de que o vindeiro MARTES 14 DE ABRIL terá lugar na cidade a primeira etapa da carreira ciclista profesional O GRAN CAMIÑO 2026, unha contra-reloxo individual de 15 quilómetros, con saída e chegada na Torre de Hércules.

Esta proba é unha oportunidade para que @s nen@s poidan ver de primeira man unha proba ciclista internacional de alto nivel, pois xa está confirmada a participación dalgúns dos mellores equipos do mundo, como o UAE Team Emirates e o Visma | Lease a Bike, primeiro e segundo clasificados no ránking internacional na pasada tempada. 

Tamén estará o Movistar Team e o equipo Q36.5 Pro Cycling Team.  

E o mellor, que entre outras zonas da cidade, pasarán polo barrio dos Rosais :) 

Toda a información está dispoñible na páxina web municipal de Deportes (www.coruna.gal/deportes) así como no teléfono de información gratuíto 010.

Importante ter en conta que a haberá afección á circulación de vehículos e peóns, aos aparcamentos e aos acceso a determinados barrios.

No seguinte enlace podedes ver o documento que nos remite o concello, cos horarios, a ruta e os cortes de tráfico:  O Gran Camiño 2026

Comentarios