IMPORTANTE!! Estado do pagamento das actividades en Ábaco
Estimadas familias:
Unha das dúbidas máis recorrentes que nos estades trasladando está relacionada coa actualización do estado dos pagamentos das actividades na aplicación Ábaco.
Queremos aclarar que a ANPA non xestiona nin recibe estes pagamentos. As familias realizades directamente as transferencias aos provedores das actividades e, polo tanto, nós non temos acceso ás súas contas nin podemos comprobar se foron recibidas.
Por este motivo, son os propios provedores os responsables de actualizar na aplicación Ábaco o estado dos pagamentos recibidos.
É certo que, nalgúns casos, poden demorarse nesta actualización, a pesar de que lles recordamos que deben manter a información ao día. Desde a ANPA facemos o posible para axilizar o proceso, pero non podemos facer máis ao respecto.
Para facilitarvos a xestión de calquera incidencia, imos indicar na descrición de cada actividade o enderezo de correo electrónico de contacto do provedor correspondente. Así, se tedes algunha dúbida relacionada cos pagamentos, coa súa recepción ou coa actualización na aplicación, podedes poñervos directamente en contacto con eles.
Saúdos.

Comentarios
Publicar un comentario