Programa de Natación Escolar 2026/2027 do Concello da Coruña
O Concello da Coruña abre o prazo de inscrición para o Programa de Natación Escolar 2026/2027, dirixido ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria dos centros educativos públicos da cidade.
No CEIP Emilia Pardo Bazán contaremos con 25 prazas e a actividade realizarase os luns, de 17:00h a 17:45h, na Piscina Municipal de Riazor. O programa desenvolverase do 1 de outubro de 2026 ao 31 de maio de 2027 e inclúe o transporte de ida e volta desde o centro educativo, así como cobertura sanitaria.
O prazo para solicitar praza estará aberto desde hoxe 8 de setembro ao 14 de setembro, ambos incluídos, a través do formulario habilitado polo Concello:
Os prazos son os seguintes:
A cota do programa é de 55,07€ por alumno/a. No caso de haber máis solicitudes que prazas dispoñibles, realizarase un sorteo o 17 de setembro ás 09:00h e a listaxe definitiva publicarase ese mesmo día ás 15:00h.
As familias ás que se lles adxudique unha praza deberán formalizar a matrícula e realizar o pagamento entre o 21 e o 24 de setembro nas oficinas de rexistro da CD Riazor, previa cita.
Toda a información do programa: Concello da Coruña - Natación Escolar
Bases do programa: Bases da convocatoria - Natación Escolar 2026-2027


Comentarios
Publicar un comentario