Nova organización das entradas e recollidas das actividades extraescolares
Estimadas familias,
Este novo curso comezamos as actividades extraescolares dun xeito un pouquiño diferente. O peche do noso querido Cole Azul, que durante tantos anos formou parte da nosa vida e de tantos momentos compartidos, lévanos a iniciar unha nova etapa e a adaptarnos a un novo espazo.
Con este cambio de localización, vémonos na obriga de realizar unha reestruturación das entradas e saídas das actividades extraescolares, buscando sempre que o funcionamento sexa o máis sinxelo, seguro e organizado posible para todos.
A partir de agora, todas as entradas e recollidas dos alumnos realizaranse dentro do propio centro, na zona do patio cuberto.
Os monitores estarán alí para recibir os alumnos á hora de comezo de cada actividade e, unha vez reunido cada grupo, dirixiranse cos seus alumnos ao espazo correspondente.
Por este motivo, é moi importante respectar os horarios e ser puntuais tanto á entrada como, especialmente, á hora da recollida. Unha vez que cada monitor se reuna co seu grupo, deberá trasladarse con eles e non poderá permanecer no patio cuberto agardando polas familias que cheguen con atraso.
Sabemos que todo cambio require un pequeno período de adaptación e agradecemos de antemán a vosa comprensión e colaboración. Entre todos conseguiremos que esta nova organización funcione da mellor maneira posible.
Despedímonos dunha etapa con moito cariño e comezamos outra coa mesma ilusión.
Grazas, como sempre, pola vosa confianza e colaboración.
Toda a información sobre as entradas e recollidas das actividades extraescolares queda á vosa disposición na seguinte ligazón do blog: Entradas e recollidas das actividades extraescolares

Comentarios
Publicar un comentario