Regulación de circulacións e de entradas e recollidas das actividades extraescolares
A organización para as entradas e recollidas das actividades extraescolares para este novo curso será dun xeito un pouquiño diferente. O peche do noso querido Cole Azul, que durante tantos anos formou parte da nosa vida e de tantos momentos compartidos, lévanos a iniciar unha nova etapa e a adaptarnos a un novo espazo.
Con este cambio de localización, vémonos na obriga de realizar unha reestruturación das entradas e saídas das actividades extraescolares, buscando sempre que o funcionamento sexa o máis sinxelo, seguro e organizado posible para todos.
A partir de agora, todas as entradas e recollidas dos alumnos realizaranse dentro do propio centro, na zona do patio cuberto.
Os monitores estarán alí para recibir os alumnos á hora de comezo de cada actividade e, unha vez reunido cada grupo, dirixiranse cos seus alumnos ao espazo correspondente.
Por este motivo, é moi importante respectar os horarios e ser puntuais tanto á entrada como, especialmente, á hora da recollida, sobre todo os primeiros días de curso. Unha vez que os monitores se reunan co seu grupo, deberán trasladarse con eles e non poderán permanecer no patio cuberto agardando polas familias que cheguen con atraso.
Os traslados entre comedor e as actividades das 16:00h son responsabilidade dos monitores e monitoras de comedor.
Os intercambios entre as actividades das 17:00h é responsabilidade conxunta dos monitores e monitoras de ambas actividades.
Sabemos que todo cambio require un pequeno período de adaptación e agradecemos de antemán a vosa comprensión e colaboración. Entre todos conseguiremos que esta nova organización funcione da mellor maneira posible.
Grazas pola vosa confianza e colaboración.

Comentarios
Publicar un comentario