Cambios e cancelacións das Actividades Extraescolares

Bo día familias,
Por non reunir o número mínimo de alumnos/as necesarias para formar grupo, finalmente quedan canceladas as seguintes actividades e grupos:
  • Xadrez
  • Inglés de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria dos venres ás 17:00h
  • Pequechef dos venres ás 16:00h
No caso de Inglés de 4º, 5º e 6º de Primaria, finalmente o grupo non terá a opción a realizar dúas horas semanais. Polo tanto, a efectos de pagamento, só se cobrará o prezo correspondente a unha hora semanal.

Queremos pedirvos disculpas ás familias afectadas por estes cambios e polas molestias que poidan ocasionar.

As familias afectadas terán a posibilidade de escoller outra actividade para cubrir o oco existente ata o día 4 de setembro, sempre que haxa prazas dispoñibles.

Se tedes calquera dúbida, estamos aquí para axudarvos a través de todas as canles dispoñibles.

Comentarios