XORNADA" CLAVES PARA COMPRENDER E ACOMPAÑAR O DESENVOLVEMENTO INFANTIL"

A Federación de Anpas (FEDAPAS), trasládanos a información sobre unha xornada presencial o vindeiro sábado 31 de maio, en horario de 9:00 a 14:00,  dirixida ás familias, na sede da Federación Provincial de ANPAS. (Rúa Orzán, n21 A Coruña).



Esta forrmación terá como relatores a Lorena Cotelo, terapeuta ocupacional, e Jacobo Mosquera, educador social, profesionais cunha ampla traxectoria no acompañamento á infancia e ás súas familias.

Esta xornada nace para dar resposta ás preocupacións das familias ante temas como as dificultades de aprendizaxe, o TDAH,  a dislexia ou os trastornos do procesamento sensorial, ofrecendo unha visión clara, comprensible e práctica para o día a día.

Esta xornada é especialmente recomendable para aquelas familias con fillos/as que están a facer a transición de Educación Infantil a Primaria, unha etapa clave onde unha detección e comprensión temperá pode previr dificultades futuras. 

Ademais, entregaráselles aos/ás asistentes material complementario sobre temas como a alimentación selectiva, a enurese e a encoprese. Aínda que non haberá tempo para profundizar neles durante a xornada, son cuestións que tamén xeran preocupación en moitas familias. 


Para inscribirse, picade na ligazón ou utilizade o codigo QR do cartaz:  https://forms.gle/ipi6ChtjaZyA21ms6

 



Un saúdo!

Comentarios