Dúbidas máis frecuentes do Campamento Enki

Desde a organización do campamento Enki trasládannos a resposta a algunhas dúbidas que están xurdindo durante o proceso de inscrición.

- ¿Para confirmar a praza é necesario o previo pago?
Si, para confirmar a praza é necesario que o pago estea realizado e que se envíe o xustificante bancario a campamento@enkiproyecto.com

- Servizo de madrugadores a partir das 7
Para conformar este servizo, é necesario un número mínimo de participantes. É necesario que os pais e nais interesados o comuniquen a organización para calcular se é posible formar grupo.

- ¿Que actividades se realizan durante o campamento?
O campamento está cheo de actividades recreativas, educativas e deportivas adaptadas ás idades dos participantes. Algunhas das actividades inclúen xogos ao aire libre, saídas polas inmediacións da Coruña e excursións. Podedes velo con detalle no dossier.

- ¿Como se realiza o pago?
O pago pode realizarse online durante o proceso de inscrición. Se tes algún inconveniente para facelo, por favor contacta con a organización na dirección de mail campamento@enkiproyecto.com.

O pago poderá facerse nun único prazo ou en dous mediante transferencia bancaria, indicando como concepto:  

- NOME DO MENOR + 1º APELIDO + CAMPAMENTO ENKI 2025 (se se fai nun único pago).  
- NOME DO MENOR + 1º APELIDO + 1º PAGO + CAMPAMENTO ENKI 2025 e NOME DO MENOR + 1º APELIDO + 2º PAGO + CAMPAMENTO ENKI 2025 (se se fai en dous pagos).  

O primeiro pago realízase unha vez feita a inscrición, e o segundo deberá realizarse o 2 de xuño de 2025.  

A forma de pago será mediante transferencia bancaria ao número:  
ES50 2100 6359 5802 0006 2940

¿O campamento está adaptado para nenos e nenas con diversidade funcional?  
Si, hai un número limitado de prazas reservadas para nenos con diversidade funcional. Ademais, contan cun equipo de monitores/as e terapeutas ocupacionais con experiencia no ámbito. Realizaranse todas as adaptacións necesarias para que todos os participantes poidan gozar da experiencia en igualdade de condicións.


Comentarios