Nova Aplicación curso 2025-2026


Desde ANPA MILNENOS estamos a tratar de mellorar a comunicación con vós mediante a aplicación Ábaco, que facilitará a xestión das actividades e servizos que ofrecemos, e que sustituirá á actual AMPASOFT. Este ano, polo tanto a renovación de familias socias non será directa. 

📲 Que debes facer? 

🔗 Descarga Ábaco Familias (de balde! ✅

Podes descargala premendo nesta ligazón: https://abacoapp.es/apps (dispoñible en Play Store para Android e Apple Store para iOS).

⚙ Como completar o rexistro?
1️⃣ Ao acceder á aplicación, no apartado "Cal é a túa ANPA?", selecciona ANPA MILNENOS. 
2️⃣ Sigue os pasos que indica a aplicación para rexistrarte como familia. 
3️⃣ Moi importante: ao rexistrar aos alumnos, especifica correctamente o curso que van cursar en 2025/2026 para evitar problemas á hora de inscribirse nas AAEE.

⏳ Por que é importante facer o rexistro canto antes? 
🔹 Ábaco substituirá á anterior aplicación "Ampasoft" e será a plataforma coa que deberás inscribirte nas AAEE para o curso 2025/2026.
🔹 A cota de socio do curso 2025/2026 será remitida ao banco unha vez arranque o curso escolar, entre setembro e outubro. 
🔹 Nos próximos días, informarémosvos de máis novidades sobre as inscricións nas AAEE.

📌 Máis información!
 🔹 Consulta unha pequena guía para rexistrarte como familia e facerte socio da ANPA aquí: https://www.youtube.com/watch?v=ZLTw3RK5i9Y.
 🔹 Descubre todas as vantaxes de Ábaco na súa web oficial: https://abacoapp.es/

🤝 Contamos contigo! Facilitaremos toda a información necesaria para que o proceso sexa sinxelo e rápido. Únete á nova aplicación e mellora a xestión das actividades da ANPA MILNENOS!

Comentarios