EXPOSICIÓN CLICKS PLAYMOBIL NO MUSEO HISTÓRICO MILITAR DA CORUÑA



Gústanche os Playmobil? Pois estás de sorte! Este vindeiro 18 de maio, coincidindo co Día Internacional dos Museos 2025  abrirase ao público no museo Histórico Militar da Coruña, a exposición Clicks Playmobil «Pavía 1525. 500 años del nacimiento de Los tercios españoles».

A Asociación de Coleccionistas de Clicks Playmobil Galicia, é unha asociación sin ánimo de lucro de coleccionistas de Playmobil, que,e ntre outras actividades fai montaxe de exposicións itinerantes, neste caso sobre "Os tercios" 

Tamén cada dous meses montan exposicións nas áreas de pediatría dos hospitais da Coruña, Lugo, Santiago e Vigo. 

A Exposición permanecerá aberta ao público, de maneira gratuita, no horario habitual do Museo, de luns a sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:30 horas; e domingos e festivos de 10:00 a 14:00 horas.


Animádevos a visitala! 

 






Comentarios