Día da Ciencia na Rúa 2025

Desde a ANPA queremos animar a todas as familias a participar no Día da Ciencia na Rúa, que se celebrará o sábado 10 de maio no Parque de Santa Margarita, en horario de 11:00 H a 19:00 H. 
 



Esta iniciativa, posta en marcha polos Museos Científicos da Coruña, busca achegar a ciencia aos máis pequenos dun xeito divertido, práctico e participativo. Durante toda a xornada, poderán experimentar, xogar e descubrir que a ciencia está presente en todo o que nos rodea.
 
O Concello da Coruña, como entidade colaboradora, contará cun espazo dentro do programa Arte e Cultura no Centro, no que se instalará unha jaima do Servizo Municipal de Educación. Alí estarán presentes os obradoiros de Eureka, Abracadabra e a Escola de Maxia, propostas que combinan aprendizaxe e entretemento.
 
É unha excelente oportunidade para pasar un día en familia ao aire libre, descubrir, sorprenderse e, sobre todo, gozar aprendendo.
 
Esperamos que poidades disfrutar dunha xornada chea de ciencia, maxia e diversión!


Comentarios