FONDO DE LIBROS E AXUDA DE MATERIAL CURSO 2025/2026
Estimadas familas, publicada hoxe 15/05/2025 a orde que regula a participación
no fondo de libros e axuda de material escolar
1. - A participación no fondo solidario de libros
de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria; e
en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. Nestes cursos manteranse os libros de texto do curso
escolar 2024/2025.
2. - A convocatoria de axudas para adquirir libros
de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación
especial.
3. - A convocatoria de axudas para adquirir
material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
IMPORTANTE:
O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no
proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2025/26 está excluído da
participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir
libros de texto.
Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material
escolar, así como as axudas para libros de texto o alumnado con necesidades
específicas de apoio educativo que teña recoñecido un grao de discapacidade
igual ou superior ao 33 % e, a xuízo do centro docente, poida usar libros de
texto do fondo.
FORMAS DE PRESENTACION:
Na páxina web específica: fondolibros
Na sede electrónica da Xunta (ED330B): ED330B
- Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir
libros de texto e material escolar. - Sede electrónica - Xunta de Galicia
Presencialmente: Opcionalmente, poderanse presentar
as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares
e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo
común.
DATAS:
Do 16/5/2025 a 20/6/2025, ambos incluídos.
Se pinchades aquí, tedes a orde completa:

Comentarios
Publicar un comentario