Muncyt, actividades polo Día Internacional dos Museos
No mes de maio celébrase o día Internacional dos Museos.
O Muncyt trae unha axenda de actividades para público en xeral e familias, gratuitas e con reserva previa, para este fin de semana, do 16 ao 18 de maio:
- Concerto “¡Bravissimas!: mulleres científicas e mulleres compositoras”. Venres 16 a las 19:00 h. Público xeral, con reserva previa. Repertorio seleccionado e interpretado por profesorado e alumnado do CMUS Profesional de A Coruña. O concerto incluirá unha variedade de música e de compositoras, de distintos estilos e épocas históricas tales como Aibhlín Mccrann, Sophia Corri, Dora Pejaĉević, Cecile Chaminade, Clara Schumann, Marina Dranishnikova, Melanie Bonis, Consuelo Colomer e Alice Gómez.
- Concierto didáctico “A historia do cabaliño aventureiro” de Teresa Procaccini. Sábado 17 a las 12:00 h. Público familiar (idade recomendada, a partir de 6 anos). Reserva previa.
- A Proxección Sonora IV “Universos, signos & constelacións”. Domingo 18 ás 13:00 h. Público xeral. Reserva previa. Un gran móvil inspirado nas obras de Alexander Calder ou Joan Miró.
- Recorrido autónomo sobre cine e son. Sábado 17 e domingo 18. Público xeral, solicitar na recepción durante o horario de apertura. O museo amosa pezas vinculadas co cine e co son. Máis información no seguinte enlace: Día Internacional de los Museos | MUNCYT

Comentarios
Publicar un comentario