Becas e Axudas do Ministerio, para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Estimadas familias,

Desde o pasado 30 de abril e ata as 24: 00 horas do vindeiro 11 de setembro, está aberto o prazo para a solicitude das “Becas e Axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo” .



Este ano o trámite é telemático, a través da web do ministerio, e pode solicitala o alumnado que, non superando unha determinada renta e/ou patrimonio familiar, presente necesidades específicas de apoio educativo derivadas de discapacidade, trastornos graves de conduta, trastornos graves de comunicación e da linguaxe asociados a NEE, ou TEA.

Tamén se contempla un subsidio para alumnado con NEE asociado a altas capacidades intelectuais.

Premendo neste enlace tedes toda a información: Becas y ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo (Curso 2025 - 2026) | Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes

Un saúdo. 

Comentarios