Campacoles 2025


A Federación Provincial de ANPAs,  en convenio co Concello da Coruña, levan a cabo o programa de "Campacoles", que se desenvolve como campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor. 

Lévanse a cabo a partir da última semana de xuño e durante o mes de xullo. 





A quen vai dirixido?:

Escolares de Educación Infantil e Primaria matriculados/as nos  CEIPs do  Concello da Coruña no actual curso 2024/2025.

Horario:







  • De luns a venres, agás festivos, de 10:00 a 14:00
  • Madrugadores:  de 8:30 a 10:00h.
  • Comedor: de 14:00 a 15:30h. (puidendo sair desde as 15:00h.)

Prezo / Custo:

COTAS DE INSCRICIÓN E SERVIZOS POR QUENDA

  • Campacole: 40,00 €
  • Madrugadores sen almorzo: 20,00 €
  • Madrugadores con almorzo: 36,00 €
  • Comedor: 60,00 €

As persoas solicitantes e que son beneficiarias da bolsa comedor no curso 2024/2025, terán unha bonificación do 50% de desconto na cota específica de Campacole. En todos os casos, os servizos de madrugadores e de comedor, abonaranse na súa totalidade.

SEGURO DE ACCIDENTES: 4€

MODO DE ABONO: A cota correspondente abonarase mediante transferencia a favor da Federación Provincial de Anpas: ES37 2100 6359 5802 0006 1816

No caso de non realizarse o pago nos prazos establecidos, a praza quedará vacante, para a súa xestión na listaxe de espera.

LUGARES DE REALIZACIÓN

CEIP Juan Fernández Latorre

CEIP María Barbeito

CEIP Novo Mesoiro

CEIP Ramón da Sagra

CEIP San Francisco Xabier

CEIP San Pedro de Visma

CEIP Torre de Hércules

CEIP Wenceslao Fernández Flórez



Toda a información  no seguinte enlace: Campacoles 2024-25

Comentarios