II Festival de Música na Praza da Tolerancia
O vindeiro venres 13 de xuño, celébrase na Praza da Tolerancia unha nova edición do Festival AQUÍ TAMÉN SE FALA, unha iniciativa cultural e de dinamización lingüística promovida polo alumnado e profesorado do IESP Rafael Dieste, aberta á toda cidadanía na que participarán bandas e artistas de música en galego.
⏰Entrada gratuíta.
📅A partir das 17:00 horas, o 13 de xuño.
Non o perdas!
Toda a información sobre esta iniciativa premendo aquí: Festival – Aquí tamén se fala!

Comentarios
Publicar un comentario