Festival Mar de Mares
Do 6 ao 15 de xuño celébrase na Coruña o Festival Mar de Mares, para sensibilizar sobre o coidado do mar e a costa desde unha perspectiva educativa, lúdica e social.
Este festival ten actividades gratuitas para a toda a cidadanía, como exposicións, proxeccións, encontros,unha xornada de limpeza de fondos mariños e o Mercado Mar de Mares.
- Mercado Mar de Mares: 7 e 8 de xuño no Mercado San Agustín.
- Encontros: con Odile Rodríguez de la Fuente, Noemí Sabugal e Pablo J. Casal, Javier García Galdo e Big Van Ciencia (ata completar prazas na Domus)
- Activismo: visitas intermareais, taller de reciclaxe e xornada de limpeza de fondos mariños (inscrición previa)
- Ecoturismo: visitas e paseos pola cidade e observación de aves (ata completar prazas) e travesía en velero (inscrición previa)
- III Foro Mar de Mares o 12 de xuño no Cine Avenida-Edificio Abanca (inscrición previa)
Toda a información: MDM2025 - Festival Mar de Mares

Comentarios
Publicar un comentario