Publicacións

Apertura do Banco de Libros da AMPA Milnen@s para o curso 2026/2027

Imaxe
Xa está aberto o prazo para solicitar libros do Banco de Libros da AMPA Milnen@s para o curso 2026/2027. O rexistro de solicitudes realizarase mediante un formulario de Google, ao que podedes acceder a través da seguinte ligazón: 👉 https://forms.gle/mtEccxgoRjfrGw3s8 Do 20 ao 30 de xullo poderedes cubrir un formulario por cada libro que desexedes solicitar. Unha vez enviado cada formulario, recibiredes un correo electrónico de confirmación. Ao rematar o prazo de solicitudes, o 30 de xullo , enviarémosvos ao voso correo electrónico un xustificante con todos os libros solicitados. Durante os primeiros días de setembro ( datas aínda por confirmar ), as familias solicitantes deberán recoller os libros no local da AMPA, situado no centro educativo. Para iso, deberán presentar asinado o documento en formato PDF que recibirán adxunto ao correo electrónico. Lembramos a todas as familias que, para beneficiarse do Banco de Libros, é imprescindible ser socias da AMPA durante todo o curs...

Ábrese o prazo de inscrición nas actividades extraescolares do curso 2026/2027

Imaxe
Mañá, 14 de xullo , ábrese o prazo de inscrición nas actividades extraescolares organizadas pola ANPA Milnenos para o curso 2026/2027 . Como cada ano, convidámosvos a consultar con calma toda a oferta de actividades antes de formalizar a inscrición. Información importante Para participar nas actividades extraescolares será imprescindible ser socio/a da ANPA Milnenos . Para iso, é necesario darse de alta como familia socia ou renovar a cota para o vindeiro curso escolar . A cota da ANPA é de 20 € anuais por familia . Ademais, para participar en calquera actividade será obrigatorio formalizar a matrícula e o seguro da ANPA , cun importe de 19 € por cada alumno ou alumna , independentemente do número de actividades nas que participe. O pagamento da matrícula e do seguro realizarase mediante tarxeta bancaria no momento da inscrición . O pagamento das actividades realizarase, igual que o curso pasado, mediante transferencia bancaria directamente ao provedor , utilizando o número de conta q...

Publicación do listado provisional das bolsas comedor para o curso escolar 2026/27

Imaxe
📢 Publicación do listado provisional das bolsas comedor para o curso escolar 2026/2027 O pasado 8 de xullo o concello da Coruña publicou a proposta de resolución provisional da convocatoria de bolsas comedor para o curso escolar 2026/2027 e a súa apertura do prazo de alegacións. 🔎 Onde podo consultar a listaxe e toda a información? Podes consultar a proposta de resolución provisional e a listaxe que a acompaña nos seguinte medios: Taboleiro de anuncios e edictos municipal no seguinte vínculo: https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/infopublica?method=enter&edictos=true Páxina web de servizos sociais: https://www.coruna.gal/servizossociais/gl?argIdioma=gl   Teléfono de Atención Cidadá 010, no horario de 08.00 a 20.30 h, de luns a venres e de 09.00 a 14.00 h os sábados.  Todas as listaxes obxecto de publicación identifican a solicitude do alumnado atendendo ao código do seu expediente individual. 📅 Prazo para a presentación de alegacións  Poderanse presentar ale...

📢 Nova axuda para comedor da Xunta de Galicia

Imaxe
📢 Nova axuda de 150€ por fillo/a para comedores escolares en Galicia A Xunta de Galicia acaba de lanzar unha nova convocatoria de axudas directas para o servizo de comedor do pasado curso 2025/2026 . 💰 En que consiste a axuda e canto se cobra? Trátase dun pago único de 150 € por cada fillo ou filla que fose usuario do comedor escolar. 💡 ¿É compatible con outras axudas? Sí, podes solicitala aínda que recibas outras subvencións para a mesma finalidade (sempre que o total non supere o custo real que pagaches polo comedor). 👤 Quen pode solicitala?  Para poder optar a este pago de 150 €, cómpre cumprir cos seguintes requisitos: Nivel educativo: Familias con alumnado matriculado durante o curso 2025/26 en 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria ou Educación Especial . Tipo de comedor: O servizo debe ser un comedor escolar non xestionado nin directa nin indirectamente pola Xunta.  Uso mínimo: O alumno/a debe ter asistido ao comedor, como mínimo, o 40% dos días le...

Aberto o prazo de incripción dos servizos de Jardanay

Imaxe
Bo día familias! Comeza o prazo para solicitar os servizos de mañanceiros, comedor, garda e custodia e cambiadores de Jardanay para o vindeiro curso. Como novidade, Jardanay estrea web para as inscripcións que permitirá ter un espazo privado para cada familia. Consultade ben a información no enlace que poñemos mais abaixo, onde indica todos os pasos que debedes seguir. Recordade que para o servizo de comedor hai un seguro obrigatorio de 11€ para todas as familias, socias e non socias. Tamén hai unha comisión por xestión de servizo de 40€ para as familias non socias da ANPA. No proceso de inscripción é importante que adxuntedes foto ou captura do carnet de socio (dispoñible en Ábaco). Estará aberto ata o 31 de agosto. Deixamos aquí o enlace coa información da inscripción: Inscripcion web Jardanay Aquí tedes ademais os enlaces directos actualizados de cada servizo para que poidades ler a información sobre cada un deles. Mañanceiros e comedor: Comedor e mañanceir@s Garda e custodia: Ser...

Bolsa comedor do Concello, publicada a lista de requerimentos.

Imaxe
Publicación da listaxe de requirimentos de corrección de Bolsa comedor, convocatoria 2026/2027. Mañán 8 de xuño abre o prazo para a presentación dos requerimientos, e estará aberto ata o 19 de xuño, ambos os incluídos. - Publicación da listaxe total expedientes presentados. - Publicación da listaxe de corrección. Ambas as listaxes poden consultarse nesta ligazón . LISTAXE TOTAL SOLICITUDES PRESENTADAS Na primeira listaxe están todas as solicitudes presentadas, co codigo de rexistro de entrada ordenado alfabeticamente, a súa data de entrada no Rexistro e co número de expediente que corresponde a cada solicitante. Se a solicitude presentouse no Rexistro de Ágora, o seu código de asento comeza por AGOE, no Fórum Metropolitano por FORE, na Franxa por FRAE e en Mesoiro ou María Pita por RMPE. Se se presentou na sede electrónica municipal, aparece no campo "código do asento" ou selo dixital de rexistro. Despois con este número, pode consultarse a segunda listaxe, onde f...

Concerto da Orquesta Sinfónica Infantil

Imaxe
Concerto de balde no Ágora, este sábado 06/06/2026 ás 18:00 horas. Máis información  aquí

Xuño no MUNCYT

Imaxe
Chega a axenda do MUNCYT de xuño, chea de actividades interesantes!  Entre outras:  TALLER TECNOLÓXICO FAMILIAR “CONSTRUCIÓN DUNHA MESA DE COMPOSICIÓN  MUSICAL ELECTRÓNICA”.  Sábado 20 ao 12.00 h. Público familiar (8-12 anos), reserva previa.  Proxecto de música electrónica con M8Factorial! con aparellos reciclados. ESPECTÁCULO MUSICAL “RAMONA PEQUENA VAI *Á LÚA” DE PAKOLAS.  Domingo 21 ao 12.00 h. Público familiar (a partir de 3 anos), reserva previa Música, fantasía didáctica e humor para coñecer a Ramona, unha nena apaixonada  polas ciencias que soña con converterse en astronauta.  YINCANA FAMILIAR.  Sábado 20 ao 13.15 h. e 18.00 h. Domingo 21 ao 13.15 h. Público familiar  (a partir de 6 anos), reserva previa.  TALLER “MUSEO SONORO”.  Sábado 20 e domingo 21 ao 11.15 h. Público familiar (a partir de 6 anos),  reserva previa.  Coñeceredes os sons de diversos aparellos utilizando tarxetas electrónicas Make...

Entrevista na radio do cole do alumnado de 2ºC

Imaxe
O alumnado de 2º C de primaria entrevistou ao director de "La Voz de Galicia" na radio do cole,  Neste enlace podedes descargar o programa e ver todas as fotos!  BIBLIOTECA EPB: radio Se non coñecedes a páxina, aproveitade para navegar un rato pola web, pois tedes ahí todos os programas de "Emilia na Onda".                                                                                                                 

Festa Dos Porcos 2026

Imaxe
Un ano máis chega a Festa dos Porcos á Praza da Tolerancia.  Será o vindeiro sábado 13 de xuño, desde as 11:00 da mañá, haberá actividades infantís, xogos tradicionais e moita música! 

Programa de actividades Coruña No Mar 2026

Imaxe
Nova edición do programa de actividades do Concello, Coruña no Mar.  Inscricións : Dende o 27/05/2026 ata o 31/05/2026 Prezo : a) Cursos semanais (de luns a venres): menores de 18 anos: 8,74 € b) Actividades dun día (venres, sábado ou domingo): 8,73 € TODA A INFORMACIÓN AQUÍ

29 de maio , festival de música e poesía no Ágora

Imaxe
Mañán venres 29 de maio, celébrase no Centro Ágora ás 20:00 un festival de música e poesía.  Entrada libre ata completar aforo. 

23 de Maio, día dos Museos

Imaxe
O 23 MAIO é o DÍA DOS MUSEOS, e os Museos Científicos Coruñeses terán xornadas de portas abertas. 🎟 Para visitar o Aquarium Finisterrae será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá realizarse cun máximo de 3 días de antelación. 🎟A visita ás salas de exposicións da Casa das Ciencias será libre, pero para asistir a unha sesión de Planetario haberá que reservar entradas, cun día de antelación. 🎟 Na Domus a entrada nesta xornada será libre, pero para acceder ao espazo MiniDomus hai que reservar entradas, cun máximo de 3 días de antelación Toda a info e os enlaces para solicitar as entradas premendo AQUÍ  

Axudas para libros e material curso 2026-2027

Imaxe
Nova convocatoria para o vindeiro curso escolar:  📚 Do 19 de maio ao 19 de xuño estará aberto o prazo para solicitar as axudas de libros e material escolar. ♻️ Préstamo de libros do fondo  📘 Axudas á compra de libros ✏️ Vales para adquisición de material ℹ️ https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Día das Letras Galegas na Praza Torrente Ballester

Imaxe
A Asociación Somos Nos, organiza o vindeiro domingo, día das Letras Galegas, unha xornada con música e baile coa Asociación Donaire, na Plaza Torrente Ballester.

Becas MEC para alumnado con NEAE

Imaxe
Hoxe publicáronse as becas MEC, para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, para o vindeiro curso escolar 2026/2027. A solicitude estará aberta desde o 19 de maio ata o 10 de setembro. Pode solicitala alumnado con NEAE vinculadas a discapacidade, trastornos graves de conduta ou da comunicación e a linguaxe, trastorno do espectro autista e altas capacidades. A beca poderá solicitala alumnado de educación infantil, primaria, secundaria e bacharelatoe FP ( agás para as altas capacidades, que non está contemplada a etapa de Educación Infantil)  Toda a información premendo aquí . 

Día da Ciencia na Rúa 2026

Imaxe
📆 Este sábado, 9 de maio, de 11 a 19 horas 📍 Xardíns de Méndez Núñez, A Coruña   Día da Ciencia na Rúa 2026, un día cheo de ciencia e diversión,  con experiencias e actividades de física, bioloxía, matemáticas, tecnoloxía...  Tamén haberá actividades na Casa das Ciencias, e xornada de portas abertas na Casa das Ciencias, Acuario e Domus. Organizado pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e Cátedra Emalcsa-UDC. Toda a información e enlace para solicitar as entradas para os museos, premendo aquí . 

Festa das Letras Galegas 2026 na Coruña

Imaxe
Este ano 2026 o Día das Letras Galegas adícase a Begoña Caamaño  . Para conmemorar este día, o Concello ten organizada unha axenda de actividades que empezan xa mañán, e que terán o seu punto forte do 14 ao 17. Este ano levan a cabo un programa de actividades gratuítas que inclúe concertos, espectáculos familiares, música tradicional, encontros e artes escénicas. O programa completo premendo  aquí  

Axenda no MUNCYT maio 2026

Imaxe
Xa está publicada a axenda deste mes de maio no MUNCYT. Talleres, gincanas, un scape sobre Albert Einstein, información sobre eclipses e moito máis!  Toda a información aquí  

Convocatoria de eleccións Anpa

Imaxe
Familias, tedes un comunicado importante na aplicación Ábaco. O 12 de maio é a data límite para presentar a candidatura á directiva da Anpa Milnen@s.