Cambios e cancelacións das Actividades Extraescolares
Bo día familias, Por non reunir o número mínimo de alumnos/as necesarias para formar grupo, finalmente quedan canceladas as seguintes actividades e grupos: Xadrez Inglés de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria dos venres ás 17:00h Pequechef dos venres ás 16:00h No caso de Inglés de 4º, 5º e 6º de Primaria, finalmente o grupo non terá a opción a realizar dúas horas semanais . Polo tanto, a efectos de pagamento, só se cobrará o prezo correspondente a unha hora semanal. Queremos pedirvos disculpas ás familias afectadas por estes cambios e polas molestias que poidan ocasionar. As familias afectadas terán a posibilidade de escoller outra actividade para cubrir o oco existente ata o día 4 de setembro , sempre que haxa prazas dispoñibles. Se tedes calquera dúbida, estamos aquí para axudarvos a través de todas as canles dispoñibles.