Obradoiro de Control Parental no Ágora
Desde a Biblioteca Ágora fannos chegar esta información e pídennos difusión entre as familias do noso cole:
No marco do programa de formación en competencias dixitais das Bibliotecas Municipais da Coruña, a Biblioteca Ágora desenvolverá no mes de novembro un obradoiro de control parental"
Entre os obxectivos do obradoiro están promover un uso creativo, crítico e seguro das tecnoloxías dixitais así como tamén coñecer os riscos e configurar os dispositivos para protexer a privacidade e a integridade dos menores ao teu coidado.
A actividade realizarase o venres 21 de novembro en horario de 17.00 a 20.00 e o sábado 22 de novembro en horario de 10.00 a 13.00.
Podedes atopar máis información sobre o obradoiro e o formulario de inscrición (que se abrirá o venres 14 de novembro) na seguinte ligazón:

Comentarios
Publicar un comentario