Campamentos de Nadal do Fórum e Ágora
O vindeiro 1 de decembro abre o prazo de solicitude dos campamentos para as vacacións de Nadal do Fórum Metropolitano e do Centro Ágora.
Dirixido a nenas e nenos nad@s entre 2014 e 2022, e teñen que ter cumpridos os 3 anos de idade no momento do inicio do campamento.
Hai unha porcentaxe de reserva para nenas e nenos con diversidade funcional, que ten que ser "en grao que lles permita participar nas actividades motrices co grupo".
O campamento será os días 22, 23, 26, 29, 30 de decembro do 2025 e 2, 5 e 7 de xaneiro do 2026 con horario ordinario de 10.00 a 14.00 h., coa posibilidade das seguintes opcións de ampliación horaria:
- Opción A: de 10.00 a 14.30 h.
- Opción B: de 9.00 a 14.00 h.
- Opción C: de 9.00 a 14.30 h.
- Opción D: de 8.30 a 14.00 h.
- Opción E: de 8.30 a 14.30 h.
- O custo do ampamento con horario ordinario: 35€ (+ a ampliación de horario escollida).
- Aquí o enlace para o formulario de inscripción: Inscrición nos Campamentos de Nadal 2025
- E aquí toda a información: € (+ampCampamentos Nadal Fórum e Ágoraliación horaria escollida)

Comentarios
Publicar un comentario