A Casa dos Xoguetes
Un ano máis a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) do Concello da Coruña, pon en marcha a Casa dos Xoguetes, proxecto que ten como obxectivo fomentar o consumo responsable a través desta proposta de economía circular.
Esta iniciativa está destinada ás familias, que durante todo o mes de decembro, poden deixar os seus xoguetes na sede da OMIC, nos seguintes horarios:
- - De luns a venres de 11.00 a 18.00 H. (agás 24 e 31 de decembro: de 11.00 a 14.00 h.)
- - Sábados de 11.00 a 14.00 H.
- O persoal da tenda revisará cada xoguete que se entregue e decidirán se está en boas condicións para intercambialo por cupóns e tamén valorarán o tipo de xoguete para asignarlle o número de cupóns correspondente.
Toda a información aquí:
s



Comentarios
Publicar un comentario