Campamentos de Nadal do Concello da Coruña
O Concello da Coruña organiza estes campamentos deportivos para nenos e nenas entre os 6 e os 12 anos (nados/as entre o 01/01/2013 e o 31/12/2019).
Horario xeral das actividades: 09:00-14:00 h.
Horario ampliado de conciliación: Desde as 08:30 ata 09:00 h e saída a elixir entre 14:00 h. e 14:30 h.
A opción de horario ampliado non supón un custo engadido.
Establécense 2 quendas:
- Quenda 1: 22, 23, 24 e 26 de decembro de 2025
- Quenda 2: 29, 30, 31 de decembro de 2025 e 2 de xaneiro de 2026
O Concello oferta un total de 144 prazas, organizadas en 72 prazas por quenda.
Aplicaranse as tarifas segundo a ordenanza fiscal en vigor (OF 15 art.6), sendo o prezo 35,04 € por persoa e quenda.
As solicitudes para participar nos campamentos realizaranse do 14 ao 18 de novembro de 2025, a través do seguinte formulario:
Solicitude de preinscrición nos campamentos de Nadal
Toda a información aquí: Campamentos Deportivos de Nadal - 2025

Comentarios
Publicar un comentario