Publicacións

Festival Mar de Mares

Imaxe
Do 6 ao 15 de xuño celébrase na Coruña o Festival Mar de Mares,  para sensibilizar sobre o coidado do mar e a costa desde unha perspectiva educativa, lúdica e social.  E ste festival  ten actividades gratuitas  para a toda a cidadanía, como exposicións, proxeccións, encontros,unha xornada de limpeza de fondos mariños e o Mercado Mar de Mares. Mercado Mar de Mares:  7 e 8 de xuño no Mercado San Agustín.  Encontros:   con Odile Rodríguez de la Fuente, Noemí Sabugal e Pablo J. Casal, Javier García Galdo e Big Van Ciencia  (ata completar prazas na Domus) Activismo : visitas intermareais, taller de reciclaxe e xornada de limpeza de fondos mariños  (inscrición previa) Ecoturismo : visitas e paseos pola cidade e observación de aves  (ata completar prazas)  e travesía en velero  (inscrición previa) III Foro Mar de Mares  o 12 de xuño no Cine Avenida-Edificio Abanca  (inscrición previa) Toda a inf...

II Festival de Música na Praza da Tolerancia

Imaxe
O vindeiro venres 13 de xuño, celébrase na Praza da Tolerancia unha nova edición do Festival AQUÍ TAMÉN SE FALA,  unha iniciativa cultural e de dinamización lingüística promovida polo alumnado e profesorado do IESP Rafael Dieste , aberta á toda cidadanía na que participarán  bandas e artistas de música en galego. ⏰Entrada gratuíta.  📅A partir das 17:00 horas, o 13 de xuño.  Non o perdas!  Toda a información sobre esta iniciativa premendo aquí:  Festival – Aquí tamén se fala!

Nova Aplicación curso 2025-2026

Imaxe
Desde ANPA MILNENOS estamos a tratar de mellorar a comunicación con vós mediante a aplicación Ábaco, que facilitará a xestión das actividades e servizos que ofrecemos, e que sustituirá á actual AMPASOFT. Este ano, polo tanto a renovación de familias socias non será directa.   Que debes facer?   Descarga Ábaco Familias (de balde!  )  Podes descargala premendo nesta ligazón:  https://abacoapp.es/apps  (dispoñible en Play Store para Android e Apple Store para iOS).  Como completar o rexistro?  Ao acceder á aplicación, no apartado "Cal é a túa ANPA?", selecciona ANPA MILNENOS.   Sigue os pasos que indica a aplicación para rexistrarte como familia.   Moi importante: ao rexistrar aos alumnos, especifica correctamente o curso que van cursar en 2025/2026 para evitar problemas á hora de inscribirse nas AAEE.  Por que é importante facer o rexistro canto antes?   Ábaco substituirá á anterior aplicación "Ampasoft" ...

Festival de Música e Poesía no Ágora

Imaxe
Se ainda non tedes plan para esta fin de semana, a Asociación Veciñal da Agra do Orzán, organiza un festival de música e poesía no Centro Ágora, para seguir festexando as Letras Galegas.  A actividade iniciará ás 19:30 da tarde, é unha actividade gratuita e prégase puntualidade.  Máis información aquí:  Festival Ferrados de Letras

Listas de preinscrición nos campamentos do Concello da Coruña

Imaxe
⏰Están publicadas as listas coas nenas e nenos inscritos en todos os campamentos de verán do concello (campacoles, con pernocta, os dos centros cívicos...)  📆O plazo de reclamacións está aberto o 26 e 27 de maio. 📅O sorteo das prazas será o 29 de maio ás 10:00 horas. 📆A publicación de listados de admitidas e adminitos será o 2 de xuño. 📅As listas de agarda publicaranse a partir do 10 de xuño. Toda a información, premendo aquí:  Campamentos de Verano 2025

DURMINDO CON QUENLLAS NO ACUARIO DA CORUÑA, 2025

Imaxe
O Concello da Coruña organiza unha nova sesión de Durmindo con Tiburóns, destinada a nenas e nenos que nacesen entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de decembro de 2015.  A actividade ten 2 opcións, os días 13/06/2025 e 27/06/2025. O custo da actividade é de 45 euros para público en xeral, e 20 euros para as nenas e menos membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias. Cada participante empregará o seu saco de durmir, esteira e neceser para o aseo persoal. Cea e almorzo: cada participante deberá portar a súa comida e utensilios. As inscripcións abren o luns 19 de maio ás 09:00. Máis información aquí: «Durmindo con tiburóns»

Carreira popular dos Rosales 2025

Imaxe
Está a berta a inscrición na carreira popular dos Rosales , a  proba terá lugar o domingo 1 de xuño, con varias categorias:  10:00 ABSOLUTA (2007 e anteriores) 11:15 SUB18 (2008-2009) 11:30 SUB16 (2010-2011) 11:45 SUB14 (2012-2013) 12:00 SUB12 (2014-2015) 12:15 SUB10 (2016-2017) 12:30 PEQUES (2018 e posteriores) Pédese facer xa a inscripción, ata o 25 de maio.  Toda a información, aquí:  https://corunacorre.com/gl/web/evento/2945/