Xornada: "Comprendendo e acompañando o desenvolvemento dos nosos fillos e fillas"



FEDAPAS, a Federación de Anpas da Coruña organiza unha formación para familias de alumnado de Educación Primaria e solicitanos difusión das mesmas: 


A Xornada ten por nome"Comprendendo e acompañando o desenvolvemento dos nosos fillos e fillas" e tratará os seguintes temas: 

  • Desenvolvemento infantil: Como crecen e aprenden os nenos e nenas, e que esperar en cada etapa.

  • Sinais de alerta: Que observar para detectar posibles dificultades a tempo.

  • Dificultades de aprendizaxe e TDAH: Comprender estes desafíos e saber como actuar desde casa e en colaboración coa escola.

  • Conduta: Estratexias para acompañar o comportamento infantil desde o respecto e a empatía.

  • O labor educativo da familia: Como inflúe a contorna familiar no desenvolvemento persoal e escolar.

  • Educación consciente no fogar: Ferramentas para criar con presenza, afecto e límites saudables.


Data: Sábado día 11 de abril

Horario: De 9:00 a 14:00 horas

Lugar: Sede Federación ProvANPAS dá Coruña. Rúa Orzán nº 21 15001 A Coruña

Impartida por: Lorena Cotelo (Terapeuta Ocupacional) e Jacobo Mosquera (Educador Social)

Inscripcions ata o  9 de abril, no enlace seguinte: https://forms.gle/N9MnfLt8SJpJqT4v8

Comentarios