Festival "Talento da Coruña II"
Este domingo 29 de marzo ás 19:30, celébrase no Centro Ágora a 2ª edición deste festival de humor, música e teatro no Centro Ágora, dentro do programa Agra no Ágora, financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación Veciñal Agra do Orzán.
Entradas de balde ata completar aforo.
Programa:
- "As aparencias enganan": sketch cómico de Javi Tink formado por dúas pezas relacionadas entre si: "Queimando prexuízos" e "Choiazo no mercado"
- "55 metros cadrados": peza de microteatro de Javi Tink
- "Verdades involuntarias": monólogo cómico de Laura Prego
- Concerto de Belfluters: cuarteto de música tradicional e celta

Comentarios
Publicar un comentario