​ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2026- 2027





Comeza o proceso para a presentación de solicitudes de admisión para os Centros escolares


📅PRAZO: 

Prazo de presentación das solicitudes: do 1 ao 20 de marzo ( ambas inclusive).

📋DOCUMENTACIÓN: 

• A solicitude: ED550B para descargala podes pulsar os seguintes enlaces:

SOLICITUDE EN GALEGO

SOLICITUDE EN CASTELÁN

• Documento acreditativo de representación: o DNI/NIE/ PASAPORTE ou copia e orixinal do libro de familia. 

• En caso de separación ou divorcio , sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do menor.

📍MODO DE PRESENTACION: 

- Cubrir a solicitude a través da aplicación ADMISIÓN ALUMNADO, e asinala na Sede electrónica , coa Chave 365 ou certificado dixital.

 - Cubrir a solicitude a través da aplicación ADMISIÓN ALUMNADO e presentala na Secretaría do centro en horario de 09:00 a 14:00. 

DISPOÑEN DUN MANUAL NESTE ENLACE: MANUAL PARA AS FAMILIAS

- Cubrir manualmente a solicitude ( ou ben descargándoa ou ben recolléndoa na Secretaría do colexio) e presentala na Secretaría do centro en horario de 09:00 a 14:00.

*NEAE: As prazas reservadas a alumnado con necesidades específicas de apoio educativo non adxudicadas poderán adxudicárselle ao resto do alumnado


 UNHA VEZ PRESENTADA A SOLICITUDE: 

Publicación da listaxe provisional de admitidos-as: 25 de abril

Publicación da listaxe definitiva de admitidos-as: 15 de maio

Formalización da matrícula no centro dos admitidos-as :20 ao 30 de xuño


Información básica:

QUE NORMATIVA O REGULA?

- Decreto 13/ 2022, do 3 de febreiro.

- Orde do 21 de outubro de 2022.

Comentarios