Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2025

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Imaxe
Hoxe 3 de decembro,  é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.  Este día foi declarado no ano 1992, pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas, para promover os dereitos e o benestar das persoas en todos os ámbitos da sociedade. Ás 11:30 no Parrote un ano máis haberá unha xuntanza "Baixo o mesmo Paraugas":  E se vos animades, pola tarde,  a  Federación Galega de Montañismo (FGM) , a  Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME) , a  Agrupación de Montañeiros Independentes (AMI)  e o  Concello da Coruña , organizan unha mesa redonda,  d e 18:00 a 19:30, no Salón de Actos do Centro de San Diego Participarán diferentes deportistas con discapacidade de varias modalidades da FGM, así como familiares e responsables de centros de referencia que acoden regularmente a actividades de montaña.  Os ponentes son: Bea Gandara , escaladora e embaixadora FEDME Pablo Pindo ,    corredor con xordeira Patricia Gómez ,...

Alumnado do Emilia entre os finalistas da postal de Nadal

Imaxe
Varios alumnos do noso cole quedaron finalistas no concurso deste ano de postais de nadal, destinado a alumnado de 5º e 6º de primaria.  A pasada semana tiveron a entrega de premios coa Alcaldesa e co C oncelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica.  Parabéns aos finalistas!  O Concello entrega os premios ao alumnado gañador do Concurso de Postais de Nadal 2025

Campamentos de Nadal do Fórum e Ágora

Imaxe
O vindeiro 1 de decembro abre o prazo de solicitude dos campamentos para as vacacións de Nadal do Fórum Metropolitano e do Centro Ágora.  Dirixido a nenas e nenos nad@s entre 2014 e 2022, e teñen que ter cumpridos os 3 anos de idade no momento do inicio do campamento.  Hai unha porcentaxe de reserva para nenas e nenos con diversidade funcional, que ten que ser "en grao que lles permita participar nas actividades motrices co grupo".     O campamento será os días  22, 23, 26, 29, 30 de decembro do 2025 e 2, 5 e 7 de xaneiro do 2026 con horario ordinario de 10.00 a 14.00 h., coa posibilidade das seguintes opcións de ampliación horaria: Opción A: de 10.00 a 14.30 h. Opción B: de 9.00 a 14.00 h. Opción C: de 9.00 a 14.30 h. Opción D: de 8.30 a 14.00 h. Opción E: de 8.30 a 14.30 h. O custo do ampamento con horario ordinario: 35€ (+ a ampliación de horario escollida).  Aquí o enlace para o formulario de inscripción:  Inscrición n...

A Casa dos Xoguetes

Imaxe
Un ano máis a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) do Concello da Coruña, pon en marcha a Casa dos Xoguetes,  proxecto que ten como obxectivo fomentar o consumo responsable a través desta proposta de economía circular.  Esta iniciativa está destinada ás familias, que durante todo o mes de decembro , poden deixar os seus xoguetes na sede da  OMIC, nos seguintes horarios:  - De luns a venres de 11.00 a 18.00 H.  (agás 24 e 31 de decembro: de 11.00 a 14.00 h.) - Sábados de 11.00 a 14.00 H.  O persoal da tenda revisará cada xoguete que se entregue e decidirán se está en boas condicións para intercambialo por cupóns e tamén valorarán o tipo de xoguete para asignarlle o número de cupóns correspondente. Toda a información aquí:  Copia de DÍPTICO CASA XOGUETES A Casa dos Xoguetes 2025 da OMIC s

Campamentos de Nadal do Concello da Coruña

Imaxe
O Concello da Coruña organiza estes campamentos deportivos para nenos e nenas  entre os 6 e os 12 anos (nados/as entre o 01/01/2013 e o 31/12/2019).  Horario xeral das actividades:  09:00-14:00 h. Horario ampliado de conciliación :  Desde as 08:30 ata 09:00 h e saída a  elixir entre  14:00 h. e  14:30 h. A opción de horario ampliado non supón un custo engadido. Establécense 2 quendas: Quenda 1 : 22, 23, 24 e 26 de decembro de 2025 Quenda 2 : 29, 30, 31 de decembro de 2025 e 2 de xaneiro de 2026 O Concello oferta un total de 144  prazas , organizadas en 72  prazas por quenda . Aplicaranse as tarifas segundo a ordenanza fiscal en vigor (OF 15 art.6), sendo o prezo  35,04 € por persoa e quenda . As solicitudes para participar nos campamentos realizaranse  do 14 ao 18 de novembro de 2025 , a través do seguinte formulario: Solicitude de preinscrición nos campamentos de Nadal Toda a información aquí:  Campamentos Deportivos de Nadal ...

Obradoiro "Preguntas incómodas, como acompañar a sexualidades das crianzas?"

Imaxe
A Asociación de Veciñ@s de Labañou, San Roque, Escolar e Rosales, organiza un obradoiro formativo sobre sexualidade. Será a vindeira semana, o xoves 20 ás 18:00 horas. Para participar fai falla inscrición previa, cubrindo o seguinte formulario:  Preguntas incómodas? Como acompañar a sexualidade das crianzas

Taller de Origami no MUNCYT

Imaxe
O MUNCYT trae unha actividade para familias, os sábados 8 de novembro e 6 de decembro.  A actividade ten unha duración dunha hora e require de reserva previa: reservascor@muncyt.es  Para nenas e nenos a partir de 8 anos.  Toda a información aquí:  Talleres de origami en familia “Aeronautas de papel” | MUNCYT

Magosto na Praza da Tolerancia

Imaxe
Un plan divertido para toda a familia!  Este venres 7 de novembro, a Asociación de Veciñ@s de Labañou, organiza o Magosto na praza da Tolerancia.  Con actividades desde as 17:00 horas, chocolate de balde e castañas a 1€! En caso de choiva as actividades trasládanse ao patio do CEIP de Prácticas 17:00 horas: Taller de cabazas  18:30 horas: Pandereteiros da AAVV  19:00 horas: Procesión de Samaín   19:30 horas: 'Akelarre Chispum', con Teatro Caveira  20:30 horas: Actuación da A.C. Folclórica Folerpas  21:00 horas: Festicultores Troupe

Obradoiro de Control Parental no Ágora

Imaxe
Desde a Biblioteca Ágora fannos chegar esta información e pídennos difusión entre as familias do noso cole:  No marco do programa de formación en competencias dixitais das Bibliotecas Municipais da Coruña, a  Biblioteca Ágora  desenvolverá no mes de  novembro  un  obradoiro de control parental"   Entre os obxectivos do obradoiro están promover un uso creativo, crítico e seguro das tecnoloxías dixitais así como tamén coñecer os riscos e configurar os dispositivos para protexer a privacidade e a integridade dos menores ao teu coidado. A actividade realizarase o  venres 21 de novembro en horario de 17.00 a 20.00  e o  sábado 22 de novembro en horario de 10.00 a 13.00 .  Podedes atopar máis información sobre o obradoiro e o formulario de  inscrición  ( que se abrirá o venres 14 de novembro ) na seguinte ligazón: Obradoiro de control parental na Biblioteca Municipal Ágora

Semana da Ciencia 2025

Imaxe
Durante a Semana da Ciencia a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren as súas portas de maneira gratuíta, será do 8 ao 16 de novembro.  Para visitar  o  Aquarium Finisterrae é imprescindible realizar a reserva das entradas:  Entradas Aquarium Finisterrae Esta reserva pode facerse cun máximo de 3 días de antelación.  A visita para a Casa das Ciencias e a Domus será libre, sen reserva previa, sempre que a capacidade non estea completa. Para asistir ás  sesións de planetario na Casa das Ciencias,  si hai que realizar unha reserva de entradas:  Entradas Casa de las Ciencias Esta reserva poderá facerse a partir das 9 horas do día anterior á sesión. O horario de apertura dos tres museos é de 10 a 19 horas, con último acceso ás 18 horas no Aquarium e ás 18.30 horas na Casa das Ciencias e Domus. Toda a información premendo aquí:  Semana da ciencia 2025

Convocada a #becacomedor de Jardanay e a ANPA

Imaxe
                                                     Desde a ANPA Milnenos informámosvos de que se abre o prazo para solicitar as axudas de comedor ANPA Milnenos-Jardanay correspondentes ao curso escolar 2025/2026. O obxectivo desta convocatoria é financiar os gastos de comedor durante todo o curso de 6 menores pertencentes a familias socias da ANPA, tendo en conta as súas circunstancias familiares e socioeconómicas. Xunto con esta comunicación, achegamos as Bases da convocatoria, onde se detallan os requisitos de participación, a documentación necesaria e o procedemento de presentación das solicitudes. As solicitudes deberán enviarse por correo electrónico a  milnenos@gmail.com ,  indicando no asunto o nome do neno ou nena solicitante da axuda e achegando toda a documentación indicada no apartado correspondente das bases. Recomendamos revisar ...

Plan VEO para a subvención de gafas ou lentes de contacto en menores de 16 anos

Imaxe
O plan VEO é unha prestación do Ministerio de Sanidade destinada a menores de ata 16 anos (inlcuídos) e que teñan dereito á sanidade pública.  Cubrirá ata un máximo de 100€, se o custo das lentes é inferior a esa cifra, a familia non pagará nada. Se o custo é superior, terá que abonar a diferenza.  No caso das lentes de contacto, contémplase tamén o líquido das mesmas.  Actualmente e ata o día 20 deste mes, a orde que regula estas axudas está en proceso de  alegacións da cidadanía, asociacións e profesionais, polo que antes de rematar o ano, sairá a Orde ministerial definitiva. Así que tedeo en conta, por se precisades este servizo. O trámite será sinxelo para as familias, xa que se realizará directamente nas ópticas adheridas ao programa. En principio, as familias non precisarán facer ningunha xestión administrativa pola súa conta. Só no caso de que a nena ou o neno vaia a usar lentes por primeira vez, será necesario presentar unha receita emitida por un oftalmól...

#VueltaAlColeCibersegura

Imaxe
O Instituto Nacional de Ciberseguridade ( adscrito á Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestructuras Dixitais)  ofrece ás familias e ao profesorado material para unha volta ao cole "cibersegura".  Neste enlace tedes información concreta sobre esta iniciativa:  Vuelta al cole cibersegura | Menores | INCIBE Tamén na súa web ofrecen outros recursos e información para familias, sobre control parental, pactos familiares, vales de tempo....  Podedes consultar máis información na súa web:   Familias | Menores | INCIBE

Semana da Prevención

Imaxe
Estes días estase celebrando a semana da Prevención, e levan xa con esta 20 edicións.  Será ata o día 13 de outubro, con actividades diversas, formación e simulacros.  Polas tardes,  na Praza de María Pita,  hai actividades para as nenas e os nenos.  Máis información aquí:  Semana de la Prevención 2025

Carreira no Barrio do Ventorillo

Imaxe
Continúa o circuito de carreiras populares nos barrios da cidade. Desta volta no Ventorillo, o vindeiro 25 de outubro.  10:00  ABSOLUTA (2007 e anteriores) 11:15  SUB18 (2008-2009) 11:30  SUB16 (2010-2011) 11:45  SUB14 (2012-2013) 12:00  SUB12 (2014-2015) 12:15  SUB10 (2016-2017) 12:30  PEQUES (2018 e posteriores) Podedes inscribirvos ata o 19/10/2025.  Toda a información aquí:  Detalle del Evento | Circuito Coruña Corre

Festival de Danza Na Rúa "Quince Gotas"

Imaxe
Esta fin de semana volve á cidade o festival de danza na rúa, desde hoxe ata o domingo haberá diferentes obras pola cidade, todas de balde. Tedes toda a información coas obras e cos horarios na web oficial:  Festival de danza na rúa  

MENÚ DE COMEDOR DO PRIMEIRO TRIMESTRE

Imaxe
MENÚ DE COMEDOR DO PRIMEIRO TRIMESTRE  Aquí tedes o menú deste primeiro trimestre. Podedes tamén descargalo en PDF no apartado de  Comedor e mañanceir@s

Programa de Natación Escolar

Imaxe
O concello acaba de remitirnos a información para o programa de natación escolar deste curso 2025/2026.  Este programa  vai dirixido ao alumnado de 3º e 4º de primaria dos centros educativos de titularidade pública de educación primaria da cidade da Coruña.  O noso cole ten dispoñibles 25 prazas, e as clases serán os luns na piscina municipal de Riazor:  A hora de recollida na porta principal do noso cole sería ás 16:35, e a hora de regreso ás 18:10.  O prazo para as solicitudes abre hoxe e finaliza o 14 de setembro  a través deste enlace:   Deportes Coruña As taxas están reguladas na Ordenanza fiscal núm. 15 do Concello da Coruña en vigor no ano 2025:  - Natación escolar (1 sesión/semana. Curso de outubro a maio): 55,07 euros  O pago poderase efectuar en efectivo ou con tarxeta nas caixas de cada piscina municipal (Riazor, San Diego ou Santo Amaro) de forma presencial e por orde de chegada, entregando a folla de inscrición debidame...

BONO CONCILIA 2025

Imaxe
Hoxe ás 09:00 abriu o prazo para a petición do Bono Concilia, trámite: BS412A Para nenas e nenos nacidos entre o 01/01/2012 e o 31/12/2021. Publicada a orde completa o  4 de setembro. Poden solicitarse desde a sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal/ detalle-procedemento?codtram= BS412A&ano=2025&numpub=1&lang= es  

Luns 4 abre o prazo para solicitar os servizos de Jardanay

Imaxe
Moi boas familias,  O luns día 4 de agosto, ás 10:00 ábrese o prazo para solicitar os servizos de mañanceiros, comedor, garda e custodia e cambiadores.  Estará aberto ata o 31 de agosto.  Aquí tedes os enlaces directos a cada servizo para que poidades ler a información sobre cada un deles.  Mañanceiros e comedor:  Comedor e mañanceir@s Garda e Custodia:   Servizo de Garda e Custodia Cambiadores:  Servizo de cambiadores Trámites:   Trámites

Novo apartado no blog sobre as actividades extraescolares

Moi boas familias Milnen@s,  Co obxectivo de ter a información máis accesible, na parte dereita tedes unha nova páxina con información completa sobre as actividades extraescolares: cómo facer a inscrición, cómo facer os pagos, ubicacións, qué materiais se precisan e tamén unha descrición máis técnica de cada actividade:  Información extra das actividades extraescolares:

Novo servizo de Garda e Custodia para o curso escolar 2025/2026

Moi bos días, este ano ponse en marcha este novo servicio, para as familias que non poden chegar á recollida do cole, pero sí poderían chegar a recoller ás nenas e nenos ás 14:30. Servizo de Garda e Custodia

IMPORTANTE_BECA COMEDOR

Imaxe
Acaba de publicarse no taboleiro de anuncios do Concello da Coruña a resolución provisional das becas, e o plazo de reclamacións. O prazo de reclamación remata o 01 de agosto de 2025.  Toda a información aquí:  coruna.es

Revisar táboas de prezos

Moi bos días, revisade no apartado das actividades extraescolares, que hai algunha modificación de prezos e tamén a actividade de robótica, este ano poderán ser 1 día ou 2 días.  A actividade de "Teoría e práctica da defensa persoal" este ano é "Combate en judo e defensa personal", con unha duración de 2 horas os venres pola tarde, de 16:00 a 18:00 horas, dirixido a alumnado de 3º a 6º de primaria.  Non obstante, desde a aplicación tedes dispoñible a información sobre as actividades que volcou cada empresa, con toda a información de prezos e horarios.  Saúdos!  PREZOS CURSO ESCOLAR 2025_2026.docx.pdf - Google Drive Cadro blog_Actividades_Extraescolares_2025_2026 (1) (3).docx (1).pdf - Google Drive

Festival Manicómicos 2025

Imaxe
Desde o xoves 17 de xullo ata o domingo 20,  celebráse unha nova edición do Festival Manicómicos.  Durante eses días e en diferentes puntos da cidade ofrécense diferentes obras ao aire libre e con entrada gratuita.  Toda a información premendo aquí:  Festival | manicomicos

Último correo AMPASOFT

Estimadas familias,  Acabamos de enviar o último correo que recibiredes desde a aplicación Ampasoft.  Como xa vos comentamos anteriormente a aplicación AMPASOFT deixa de funcionar definitivamente e NON HAI VOLCADO DE DATOS á nova aplicación.  Ás familias que continuedes no cole e que queirades seguir sendo familias socias, tedes que rexistrarvos na nova aplicación, sen esto non podedes darvos de alta nas actividades extraescolares, das que esta fin de semana colgaremos os cadros e os prezos para este vindeiro curso escolar.  Recordarvos que para que se asigne un número de familia socia, tense que completar enteiro o rexistro, co  número de conta bancaria das familias, para poder proceder unha vez iniciado o curso, da cuota de familias para o curso escolar 2025/2026.  Comentarvos tamén que no mes de agosto, non daremos novas altas na aplicación.  Aproveitamos esta publicación para desexar moita sorte na nova andadura a todo o alumnado que este ano xa no...

Vales de libros e material

Para aquelas familias que xa teñen concedidos os vales, están a partir de mañán na secretaría do cole, do  1 ata o 18 de xullo, en horario de 10:00 a 13: 00.  ENTREGA DE VALES PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR | CEIP Emilia Pardo Bazán

IMPORTANTE_BECA COMEDOR

Imaxe
  Publicado hoxe no Tablón de anuncios e edictos do Concello da Coruña, a información da convocatoria para a concesión das axudas de comedor para o curso 2025/2026.  Está publicado o listado coas solicitudes e o listado para o período de subsanación da documentación:  Podedes consultar toda a información nos seguintes enlaces:  Tablón de anuncios e edictos:  coruna.es Web Servicios Sociais:  Servizos Sociais OLLO:   o prazo de presentación de documentación é do   23 de junio ao 7 de xullo , ambos incluidos.