Programa de Natación Escolar
O concello acaba de remitirnos a información para o programa de natación escolar deste curso 2025/2026.
Este programa vai dirixido ao alumnado de 3º e 4º de primaria dos centros educativos de
titularidade pública de educación primaria da cidade da Coruña.
O noso cole ten dispoñibles 25 prazas, e as clases serán os luns na piscina municipal de Riazor:
A hora de recollida na porta principal do noso cole sería ás 16:35, e a hora de regreso ás 18:10.
O prazo para as solicitudes abre hoxe e finaliza o 14 de setembro a través deste enlace: Deportes Coruña
- Natación escolar (1 sesión/semana. Curso de outubro a maio): 55,07 euros
O pago poderase efectuar en efectivo ou con tarxeta nas caixas de cada piscina
municipal (Riazor, San Diego ou Santo Amaro) de forma presencial e por orde de
chegada, entregando a folla de inscrición debidamente cuberta.
Os colexios que acudan á Piscina Municipal de Riazor: inscrición e aboamento da cota
nas oficinas de rexistro da CD Riazor (necesario pedir cita previa no 010 de atención
cidadá ou na seguinte ligazón: Cita Previa)
Máis información neste documento: Programa NatacionEscolar_25_26_DeporteCoruna.pdf


Comentarios
Publicar un comentario