Plan VEO para a subvención de gafas ou lentes de contacto en menores de 16 anos
O plan VEO é unha prestación do Ministerio de Sanidade destinada a menores de ata 16 anos (inlcuídos) e que teñan dereito á sanidade pública.
Cubrirá ata un máximo de 100€, se o custo das lentes é inferior a esa cifra, a familia non pagará nada. Se o custo é superior, terá que abonar a diferenza.
No caso das lentes de contacto, contémplase tamén o líquido das mesmas.
Actualmente e ata o día 20 deste mes, a orde que regula estas axudas está en proceso de alegacións da cidadanía, asociacións e profesionais, polo que antes de rematar o ano, sairá a Orde ministerial definitiva.
Así que tedeo en conta, por se precisades este servizo.
O trámite será sinxelo para as familias, xa que se realizará directamente nas ópticas adheridas ao programa. En principio, as familias non precisarán facer ningunha xestión administrativa pola súa conta.
Só no caso de que a nena ou o neno vaia a usar lentes por primeira vez, será necesario presentar unha receita emitida por un oftalmólogo ou oftalmóloga da sanidade pública que xustifique a necesidade de corrección visual.
Máis información: Ministerio de Sanidad - Áreas - Plan Veo: ayuda para gafas y lentillas

Comentarios
Publicar un comentario