Día Internacional das Persoas con Discapacidade
Hoxe 3 de decembro, é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Este día foi declarado no ano 1992, pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas, para promover os dereitos e o benestar das persoas en todos os ámbitos da sociedade.
Ás 11:30 no Parrote un ano máis haberá unha xuntanza "Baixo o mesmo Paraugas":
E se vos animades, pola tarde, a Federación Galega de Montañismo (FGM), a Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME), a Agrupación de Montañeiros Independentes (AMI) e o Concello da Coruña, organizan unha mesa redonda, de 18:00 a 19:30, no Salón de Actos do Centro de San Diego
Participarán diferentes deportistas con discapacidade de varias modalidades da FGM, así como familiares e responsables de centros de referencia que acoden regularmente a actividades de montaña.
Os ponentes son:
- Bea Gandara, escaladora e embaixadora FEDME
- Pablo Pindo, corredor con xordeira
- Patricia Gómez, familiar de persoa con discapacidade
- Luis Fontenla, responsable de ocio de ADCOR



Comentarios
Publicar un comentario