Festa de entroido 2026
O acceso á festa conleva un donativo de 2 € por peque (para familias socias da ANPA).
As persoas acompañantes pertencentes a familias socias da ANPA non pagan entrada.
Para as familias non socias que queiran acudir, o importe será de 5 € por neno/a e 5 € por adulto/a.
Os menores de 3 anos entran de balde.
É obrigatorio que a cativada estea acompañada dunha persoa adulta dentro do recinto, pero por razóns de aforo, cada neno/a poderá estar acompañado como máximo por dúas persoas adultas (unha mesma persoa pode estar ao cargo de varios nenos e nenas).
As inscricións das familias socias faranse a través de Ábaco, no apartado “Eventos” mediante pagamento con tarxeta. Se unha familia ten máis dun neno/a, deberá realizarse unha inscrición por cada menor. Na chegada solicitarase o xustificante da inscrición realizada.
Ás familias non socias cobraráselles a entrada o mesmo día da festa, no acceso ao recinto.
Está totalmente prohibido comer e beber dentro do pavillón, polo que o chocolate e biscoito que serviremos farase nunhas mesas habilitadas fóra.
Por normativa expresa do concello, a entrada ao pavillón está prohibida sen calzado deportivo, polo que pedimos que na medida do posible se respecte esta norma.
Esperámosvos!
Comentarios
Publicar un comentario