Convocatoria Bolsa Municipal de Comedor 2026-2027
Publicada hoxe no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2026/2027.
Prazo de presentación: do 23 de febreiro ao 13 de marzo de 2026, ambos incluídos.
Máis información:
- na web municipal de servizos sociais: Bolsas comedor para o curso escolar 2026/2027
- na sede electrónica municipal: Bolsas comedor
- no teléfono 010 de información cidadán.
Requisitos para acceder á bolsa, a/o alumna/o solicitante deberá, entre outros:
- Dispoñer DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido (NIF) antes da finalización do prazo de corrección de documentación.
- Estar empadroada/o no Concello da Coruña.
- Matrícula ou solicitude de matrícula nun centro educativo do termo municipal da Coruña.
- Realizar as xestións para ter asignada, ao comezo do curso escolar, unha das prazas na modalidade
presencial.
- Asistencia continuada de luns a venres durante todo o período lectivo, de setembro 2026 a xuño 2027.

Comentarios
Publicar un comentario